Visto o mal funcionamento do servizo de bitacoras.com véxome obrigado a trasladarme a outro aloxamento máis amable. Aproveito así para fedellar un pouco co wordpress e seguir manténdovos informados con moitos menos problemas.
Nova Dirección: o mundo de birnarem (http://birnarem.freehostia.com)
Espero que o novo espazo, freehostia (un nome chulo sí señor jejeje) non me depare problemas no futuro, de momento vai xenial.
A bitácora comezou coa intención de ser unha bita colectiva, pero quedouse no intento jejeje. Pese a comezar ben, con 4 rexistrados en algún artigo por cada un a cousa foise quedando nunha típica bitácora levada por unha sóa persoa, por iso decidín cambiarlle o nome demasiado xenérico para o que resulta ser agora de "Infórmate dende a Galiza" polo máis propio de "o mundo de birnarem".
Disfrutade do novo tema que escollín e modifiquei lixeiramente de momento, é moi chulo, probade a pulsar o elipse que aparece á dereita de cada titular xa veredes.
¡¡¡ Moitas Grazas por seguir visitándome !!!
o mundo de birnarem (http://birnarem.freehostia.com)
atopar — 31-10-2008 22:53:31