Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Algo cheira a podrecido en Copenhague

Archivado en Novas Quentiñas • Fecha: 06-03-2007 10:41

Bruno Amoroso

O diálogo coas comunidades e movementos vai ben. Pero as decisións están xa tomadas, e a paciencia ten un límite. Así pensou e actuado o alcalde socialdemócrata de Copenhague.

A historia, en suma, é esta: un grupo de moz*s ocupou en 1982 un edificio municipal baleiro e transformouno en centro social. En 2000, o Concello decidiu vender o complexo (a unha seita cristiá próxima á extrema dereita) e ordenou o desaloxo do mesmo. Namentres, o centro converteuse nun dos lugares de encontro d*s moz*s máis politizados de Copenhague, quen cunha desenvolvida autoconsciencia crítica e social afirmáronse nunha posición de antagonismo respecto do clima cultural predominante no país desde fai 20 anos, que ve na cidade un organizado supermercado do comercio e da diversión. Comezaron as negociacións.

*s moz*s reivindican o dereito de estar no centro por eles creado. Logo vén a decisión secreta do desaloxo. Coa crecente militarización do país a fin de combater o terrorismo, a policía danesa transformouse nunha forza antidisturbios. E a mañá do pasado xoves, ás 7, a “casa dos squatters” é cercada por centenares de policías. O casos subseguinte é inimaxinable. Tod*s *s presentes son arrestad*s. A noticia e a rabia difúndense polas escolas e en toda a cidade. Centenares de persoas, moitos estudantes coas súas familias, lánzanse á rúa. Veñen logo choques e feridos. O portavoz da policía de Copenhague define os incidentes como obra de “gangsters”.

A iso non se chegou subitamente ou por azar, se se quere comprender o porqué da rabia dos mozos e da intolerancia policial e das autoridades. O país vén dunha fase na que se puxo a boceira; desenvolveu formas terribles de presión psicolóxica, e puxo límites físicos ás protestas d*s inmigrantes tras a publicación das “caricaturas” (de Mahoma). Para *s danes*s, pensar doutros modo vese agora con sospeita.

Outras áreas de autonomía que destacaran a este país como unha illa de tolerancia e liberdade foron sufocadas. Christiania, a soada “cidade libre de Christianhaguen” vese invadida a diario pola policía co pretexto da loita contra a droga, a cal pode atoparse en calquera sitio da cidade, tamén nas discotecas e nos clubs de xente “ben”.

O intento é obvio. Estes antigos cuarteis habitados por mozos e menos novos atópanse hoxe nos lindes da nova (e fea) construción da Ópera de Copenhague regalada á cidade polo magnate dos transportes marítimos, o home máis rico do país. Iso é que o espazo da “cidade libre” ha de servir para os estacionamentos e albergues que teñen que vender Copenhague aos turistas. Pero tampouco en escolas e universidades é mellor o clima de represión logo da reforma universitaria que conferiu carácter de empresa ás universidades e conducido finalmente ao curro a aquela “ovella negra”, verdadeira célula vermella do pensamento crítico, que era a Universidade de Roskilde. En conclusión, pois, a fábula do patiño feo de Andersen está en vías de alterar o seu final: as milagres da natureza deixaron de estar á orde do día.

Bruno Amoroso

Fonte: Algo huele a podrido en Copenhague

Publicado por Birnarem
239 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos