O venres 2 de marzo celebrarase unha nova Masa Crítica Coruña, ás 19:45h saímos da Praza de María Pita. É a segunda Masa Crítica "Especial Barrios", neste caso o protagonista é o Barrio dos Mallos.
O día 1, as 8 do serán, na Rua Francisco Tettamancy 12 (Local da Asociación de Veciños dos Mallos) presentarase a Carreira dos Medios ao que seguirá un debate sobre as mobilidade, posibilidades do uso da bici na nosa cidade, consellos de condución, debate, ... Acudide tod*s *s que poidades, falaranse de datos moi interesantes para calquera cidadán (sexa ou non ciclousuari* todavía).
O día 2, ás 19:45h sairá da Praza de María Pita a masa, que percorrerá as rúas do barrio dos Mallos, para regresar máis tarde de novo a María Pita. Esperamos ser moitos os que nos deixemos ver pola cidade, polo uso da bici como medio de transporte. ¡Animádevos!
Xa está o percorrido en bikely, a dirección é a seguinte: Masa Crítica Coruña 02/03/07
Lembrade que para facer un paseo virtual debedes pulsar o botón "Start Tour" e utilizar o botón de ">" para ir avanzando. Pódese ampliar o mapa ao tamaño que desexedes.
Percorrido completo por rúas (9.3km): María Pita. Comezo do percorrido, Rego de Auga, Fama, A Mariña, Cantón Grande, Cantón Pequeno, Juana de Vega, Compostela, Praza de Lugo, Ferrol, Juan Flórez, Baixada de S. Pedro, Fernando Rey, Monforte, Oidor Gregorio Tovar, San Luis, Diego Delicado, Avenida dos Mallos, Filipinas, Avenida da Sardiñeira, San Vicente, Asturias, Vizcaya, Pontedeume, San Lucas, San Isidoro, Sagrada Familia, Avenida de Arteixo, Ronda de Outeiro, Mariana Pineda, Sardiñeira, Capitán Juan Varela, Cronista Pacheco, Felix Estrada, Alcalde Puga, Catro Camiños, Fernández Latorre, Costa da Palloza, Primo de Rivera, Linares Rivas, Sánchez Bregua, Durán Loriga, Huertas, San Andrés, Estrecha de San Andrés, Marqués Pontejos, Pío XII, San Agustín, Marqués San Martín, María Pita, María Pita. Fin do percorrido.
¡Vémonos na bici!
Foro da Masa Crítica Coruña