O 23 de xaneiro corenta persoas baixaron de internet a María Pita, foron falando e coñecéndose, caíronse ben, fixeron a conga pola rúa real, quedaron para o 27 de febreiro.
O 27 de febreiro outros trinta e sete xuntáronse no recuncho do sol, marcharon ao Centro Social Atreu para falar e falar de ideas e estratexias, cos desexos e medos secretos a enredar. Foi unha asamblea ben boa. Desde aquela unha parte da xente ven quedou todas as semanas no Atreu para preparar un percorrido contra a especulación nos barrios. Moitos contámonos cousas no foro de viviendadigna.org
E este sábado, 24, ás 17:00, tertulia-mani, no recuncho do sol -ven sol- falaremos un bo anaco en María Pita, e logo decidiremos entre todos qué facemos pola rúa abaixo. Fendas na tristeza.
Vinde, sede a asamblea, e as ideas, mans e pés da asamblea. Traede chalecos reflectantes, sillas, termos de té, cabalos, elefantes.
Fonte: 24 febreiro, ás 17, tertulia-mani da vivenda en maría pita
Galiza Indymedia