Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

XXXII Festa do Queixo de Arzúa 2007

Archivado en Novas Quentiñas • Fecha: 21-02-2007 09:51

Xa estamos de novo coa festa do queixo enriba, e é unha nova oportunidade de desfrutar dun ambiente especial e dunha festa máxica. Arzúa é un bo sitio para desconectar da rutina diaria, para escoitar boa música e ir de troula, e por suposto, degustar e mercar para levar á casa o magnífico queixo de Arzúa. Esperemos que o tempo acompañe un pouquiño. ¡Vémonos por alí!


Venres, 2 de marzo

21.30h Noite de Ruada. Cantigas populares

- Mini e Mero
- Fol de Veneno
- A Rondalla Moraima

Sábado, 3 de marzo

16.30h Apertura das portas do Recinto Feiral

- Exposición e venda de queixos
- Obradoiro de elaboración de queixo tradicional -para mozos e nenos-
- Exposición "Concurso Cartaz Anunciador XXXII Festa do Queixo". Na Capela da Madanela

18.00h Inauguración oficial da XXXII Festa do Queixo. Na Praza da Vila

- Pregón:Yolanda Castaño, poeta
- Entrega de Premios "Concurso Cartaz Anunciador XXXII Festa do Queixo"
- Entrega premios I Concurso de Tapas e Pinchos Festa do Queixo
- Entrega de distinción á Persoa Homenaxeada

19.00h Visita autoridades recinto feiral

20.00h Charanga os Kilomberos de Monte Alto

22.00h XXXII Festival do Queixo

- La Excepción 22.00h No Campo da Feira
- Macaco 23.45h No Campo da Feira
- Dios Ke Te Crew 01.45h Na Praza da Vila

Domingo, 4 de marzo

10.00h Apertura do recinto feiral: exposición e venda de queixos

10.00h Grupo Gaiteiros Froito Novo

11.00h Grupo Gaiteiros Os Melidaos

12.00h Charanga Os Amigos

12.00h Demostración elaboración de Queixo de Arzúa. No Recinto Feiral

13.00h Charanga Os Festicultores

13.30h Degustación do Queixo Arzúa-Ulloa. No Recinto Feiral

17.00h Xincana temática do queixo de Arzúa. No Recinto Feiral

19.00h XXXII Festival do Queixo

- Son de Seu 19.00h No Campo da Feira
- Treixadura 21.00h No Praza da Vila

Concurso de tapas e pinchos "Festa do Queixo" nos establecementos de hostalaría e bares de Arzúa, o venres 2 e sábado 3 de marzo.

En colaboración coa Asoc. Hostaleiros de Arzúa e C.R.D.O. Arzúa-Ulloa

Fonte: XXXII Festa do Queixo de Arzúa

Máis información e novas en Concello de Arzúa

Publicado por Birnarem
262 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos