Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Éxito rotundo na primeira convocatoria de apertas gratis en Coruña

Archivado en Participa na Coruña • Fecha: 29-01-2007 10:13

Noraboa a tod*s pola magnífica tarde de apertas do sábado. A verdade, creo que a enerxía positiva que desprendía todo o grupo era tanta que podía verse dende o espacio (chamoume un amigo da constelación ganma que dixo que se nos vía moi ben dende alí, que a ver cando facíamos o mesmo no seu planeta).

Anécdotas houbo moitas, e de todo tipo, dende una nena de 5 anos que tanto lle gustaron as apertas que terminou por levar ela mesma unha pancarta e repartir apertas á xente ata comentarios de xente de mente pouco evolucionada (os que menos) que son dignos do millor programa de gomaespuma. Pode que fagamos un recopilatorio de respostas en algún post :D.

Pero temos que destacar que ademáis da nosa resposta, tamén foi moi positiva a resposta da maioría da xente, moi receptiva e simpática. De feito tod*s quedamos moi content*s coa experiencia, esperando que moita máis xente poida desfrutar dunha tarde coma a vivida próximamente.

Repetiremos a experiencia, estade atentos, irei recollendo os correos da xente que vaia deixando aquí comentarios para mandar próximos avisos, ainda que o millor será que visitedes o blog de cando en vez por se acaso. ¿Conseguiremos chegar a 250.000 convocados para dar apertas gratis? ¿Porqué non? Eu desde logo a próxima non a perdo.

O tema da gravación en video ainda non decidimos se o faríamos público por internet, ademáis ten que ser montado, e que levará o seu tempo. En todo caso, unha vez montado avisaremos por se alguén d*s que participaron quere unha copia en caso de que non o fagamos público.

Por certo, a pesar de que non é o noso obxectivo ter notoriedade nos medios de comunicación clásicos e non convocar á prensa para o evento, apareceron fotograg*s e sacaron un par de noticias sobre o evento:

La campaña de los abrazos indiscriminados reunió a decenas de personas en el Obelisco

El movimiento mundial "Abrazos gratis" llegó al centro de la ciudad

Lee o mesmo artigo no blog de aperta gratis

galiza.apertasgratis.org

Publicado por Birnarem
392 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos