Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Xacarandaira presenta "Prestixio" na Coruña e Vigo

Archivado en Participa na Coruña • Fecha: 23-01-2007 13:59

Xacarandaina presenta o seu espetáculo “Prestixio” posto en marcha coa colaboración da Consellería de Cultura, é unha montaxe de música e baile tradicional que ten por obxetivo dignificar a rexión de Bergantiños e a Costa da Morte. Esta iniciativa é froito dun traballo de investigación etnográfica de Xacarandaina que rematou co espectáculo onde se amosan bailes, danzas, cancións, músicas, traxes e tradicións que conforman un Ciclo do Ano nesas terras.

As dúas próximas galas serán o 27 de Xaneiro no pazo da Ópera da Coruña ás 20:30h e o 11 de Febreiro no teatro García Barbón de Vigo ás 20:30h.

Dirección: Enrique Peón Mosteiro
Elenco: 12 pandereteiras, 6 gaiteiros e 32 bailarines

Xacarandaina, con esta nova etapa no campo da divulgación da cultura de Galicia, crea “Prestixio”, espectáculo de música e baile tradicional no que se mostran bailes, danzas, cancións, músicas, traxes e tradicións que conforman en conxunto un “ciclo do ano” nestas terras. A utilización de son, luminotecnia e sons naturais conforman unha esmerada posta en escena que, ademais dun elenco de 50 artistas entre bailaríns, cantantes, músicos e actores, fai deste espectáculo algo novidoso e único no ámbito da cultura galega.

Desde 1992 Xacarandaina aposta pola dignificación da nosa cultura, levando a escena o folclore tradicional e demostrando así que pode competir como espectáculo con calquera outro.

Xacarandaina

Publicado por Birnarem
373 lecturas • 2 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios

  1. Boa tarde,
    Pretendia, se for, possível dados (nome e número de telefone) de ranchos ou grupos folclóricos da Galiza para contacto e possível participação num festival de folclore em Portugal.
    Obrigada.

    Ludovina Silva — 08-03-2007 17:03:53

  2. Eu son de A Coruña, e coñezo máis ben os de aquí. En internet seguramente que podes atopar máis grupos doutros sitos de Galiza (Vigo, Pontevedra, Lugo, Santiago, ...).

    Airiños da Torre (A Coruña): Pilar Aradas Vázquez +34981228777 ou +34647614654 (móbil)
    Cantigas da Terra (A Coruña): http://www.cantigasdaterra.com +34981203284 ou +34654413467 (móbil)
    Xacarandaina (A Coruña): http://www.xacarandaina.com +34981277315
    Cántigas e Frores (Lugo): http://www.cantigasefrores.com +34982265211

    Un saúdo e que teñas moita sorte na busca.

    Birnarem — 08-03-2007 17:31:26


Comentar



Recordar datos