Fai uns días saltaba a noticia dunha cura potencial para o cancro que os científicos (pagados polas farmacéuticas) querían patentar. Agora coñecemos a existencia do caso absolutamente contrario. Ao parecer xa existe un composto bastante efectivo á hora de reducir os tumores, e ademais carece de patente, é sinxelo de fabricar, abundante e case non é tóxico. ¿Onde está o problema? Pois precisamente ao non pertencer a ninguén, e ser propiedade de todos, as empresas farmacéuticas non están demasiado interesadas en financiar estudos sobre a súa aplicación, á fin e ao cabo ¿onde estaría o beneficio? Todos poderían fabricalo, e a competencia faría que o seu prezo fose irrisorio.
Unha pequena molécula non tóxica podería estar pronto dispoñible como tratamento económico para moitas formas de cancro, incluíndo os tumores de pulmón, peito e cerebro, comentaron investigadores da Universidade de Alberta.
Pero hai unha pega, o fármaco non está patentado, e as empresas farmacéuticas poderían non estar interesadas en financiar novas investigacións no tratamento se con iso non conseguen un beneficio económico. Nas conclusións que asombraron aos investigadores, a molécula coñecida como DCA demostrou experimentalmente ser capaz de encoller tumores pulmonares, cerebrais e de mama tanto en tecidos animais como en tecidos humanos.
“Tralas probas experimentamos esa sensación de eureka, que é o máis bonito que un científico pode conseguir”, comentou o Dr. Evangelos Michelakis, profesor no departamento de medicina da Universidade de Alberta e autor principal do estudo.
O estudo publicouse antonte martes na revista Cancer Cell. A molécula parece reparar os danos que as células cancerosas provocan nas mitocondrias, as unidades que converten o alimento en enerxía.
“As células cancerosas afogan activamente as súas mitocondrias, o cal altera a súa metabolismo, e isto parece ofrecer ás células tumorais unha vantaxe significativa en canto ao seu crecemento en comparación coas células normais, e ademais bríndalles protección contra moitas clases de quimioterapia”, escribiu Michelakis nunha nota de prensa.
Como as mitocondrias regulan a morte celular, as células canceríxenas poden resistir á súa aniquilación. Durante anos, a DCA - ou dicloroacetato - foi empregado para tratar a nenos con erros innatos de metabolismo por mor de enfermidades mitocondriais. Ata hai pouco, os investigadores pensaban que o dano nas mitocondrias das células con cancro era permanente.
Pero Michelakis se cuestionou esta teoría e comezou a facer probas co DCA, que activa unha enzima crítica, como método para “revivir” as mitocondrias afectadas polo cancro.
Segundo el, un dos aspectos máis excitantes deste composto é que podería ser capaz de tratar múltiples formas de cancro, xa que todos eles anulan as funcións mitocondriais. Por iso, a DCA podería afectar ante todo ás células cancerosas sen afectar ás normais.
Os investigadores comentaron tamén que o DCA podería demostrar a súa efectividade porque é un composto moi pequeno, e polo tanto é absorbido facilmente polo corpo. Logo da súa inxesta oral, pode alcanzar áreas do corpo ás que outros fármacos non chegan, facendo posible tratar os tumores cerebrais, por exemplo.
Ademais, como o DCA foi empregado tanto por xente sa como doente de males mitocondriais, e os investigadores saben que se trata dunha molécula relativamente non tóxica que pode probarse inmediatamente en pacientes con cancro.
O composto, que se vende tanto en po como líquido, está amplamente dispoñible nos dispensarios de químicos. Pero ao carecer de patente, todas as empresas farmacéuticas dispoñen del, sería un fármaco demasiado económico de administrar. E os investigadores poderían ter dificultades á hora de atopar fondos para proseguir os seus estudos.
O doutor Dario Altieri, da Universidade de Massachusetts, comentou que a droga é exactamente o que os doutores necesitan porque podería limitar os efectos secundarios nos pacientes. Pero existen “consideracións de mercado” que as empresas farmacéuticas terán que ter en conta.
Michelakis mantén a esperanza de atopar fondos que aseguren a continuación das súas investigacións. Esperamos poder atraer o interese das universidades aquí en Canadá e nos Estados Unidos, comentou Michelakis.
Traducido de Small molecule offers hope for cancer treatment (autores para CTV: Avis Favaro e Elizabeth St. Philip).
Fonte: Es barata, sencilla, abundante y efectiva contra el cáncer … ¡no la queremos!
esperanza — 22-08-2007 13:12:47
esperanza — 31-08-2007 21:10:15