A estación de autobuses de San Caetano converterase no primeiro espazo público da cidade de Compostela que ofrece un servizo de conexión a Internet gratuito. Nin Renfe, que prevé instalar wifi nos seus trens, nin AENA proporcionan por agora aos seus usuarios acceso aberto á Rede.
O sistema, instalado no hall superior da central de transportes, permitirá aos viaxeiros conectarse a Internet co seu ordenador portátil en calquera momento do día e sen ningún custo adicional. Para habilitar este servizo na estación colocouse unha nova antena e ampliouse a capacidade do ADSL. No entanto, todos os esforzos compensan, xa que non cabo dúbida de que o reclamo do sistema servirá para "dar vida" á central de San Caetano, sinala o xerente de Tussa, Carlos González.
Fonte: A estación de autobues de Santiago estreará unha Wifi gratuita
Asociación de Usuarios GNIX