A Esmorga, Amigos da Terra, Esquerda Unida, Semente e Verdegaia propoñen entón unha serie de palestras, mesas redondas, actividades formativas e video-fórums para achegarnos máis a este mundo e facernos máis partícipes do mesmo. As xornadas están dirixidas tanto a consumidoras como a productoras; 10 días diversas actividades que nos sirvan para achegarnos máis ao mundo da agricultura e gandeiría ecolóxica.
Quérese resaltar da agroecoloxía o seu potencial transformador da sociedade na que vivimos, xa que supón actúar de forma activa contra os modelos de producción capitalistas, mudar as relacións meramente comerciais por outras que ademáis conlevan a confianza entre productora/consumidora, boicotear de facto ás grandes superficies comerciais para potenciar ás pequenas vendedoras locais, crear redes de consumo e distribución alternativas as empresas distribuidoras (meramente lucrativas como intermediarias do proceso de intercambio) e un longo etcétera dificil de enumerar...
PROGRAMA
11 de xaneiro (xoves):
Vídeo-foro “Bienvenidos o Paraíso: milagro almeriense” (vídeo sobre os impactos sociais e ecolóxicos da agricultura almeriense), dinamizado por Xavier Simón. Ás 20.30 h n'A Esmorga.
12 de xaneiro (venres):
Vídeo-foro "El oro verde" (video sobre transxénicos, patentes, biodiversidade, movementos campesiños, etc...), dinamizado por César Lema. Ás 20.30 h no Trampitán.
13 de xaneiro (sábado):
• Mañá: Dinámicas medioambientais impartidas por Lito (Verdegaia). Ás 11:30 horas na Escola de Baile.
• Tarde: Palestra de Xosé Manuel Beiras. Ás 19.30 h no salón de actos da Facultade de Ciencias (edificio politécnico)
Inauguración das Xornadas. Ás 21 h n'A Esmorga.
14 de xaneiro (domingo):
• Mañá: Dinámicas medioambientais impartidas por Yolanda. Ás 11:30 horas na Escola de Baile.
• Tarde: Mesa redonda de consumidores/as (Manuel Garrido, “Arbore”), productores/as (Charo) e distribuidores/as (Manuel, “Labregos Daiquí”). Ás 19.30 h na Antigua Social Club.
15 de xaneiro (luns):
Obradoiro de compostaxe a cargo de Amig@s da Terra. Ás 20 h na Casa da Xuventude.
16 de xaneiro (martes):
Obradoiro de papel e xabón I impartido por Nuria (Verdegaia). Ás 20 h na Casa da Xuventude.
17 de Xaneiro (mércores):
Obradoiro de papel e xabón II impartido por Nuria (Verdegaia). Ás 20 h na Casa da Xuventude.
18 de xaneiro (xoves):
Palestra de Xan Pouliquen. Ás 20.30 h no Ateneo Ourensán.
19 de xaneiro (venres):
Obradoiro para a maduración dun proxecto cooperativo de consumo consciente (Sinerxia, A Xoaninha, Arbore e Briante). Ás 18.30 h na Facultade de Ferro.
20 de xaneiro (sábado):
• Mañá: Curso de Cociña (*). Ás 11:30 horas na Esmorga
• Tarde: Video-foro “A Tornallom” (video sobre a loita pola conservación da horta valenciana na Punta), dinamizada por Carmen González (presidenta da asociación de veciñ*s "La unificadora" de la Punta) e Enric Peris (correalizador e veciño de la Punta). Ás 20.30 h na A Esmorga.
21 de xaneiro (domingo):
• Mañá: Curso de Cociña (*). Ás 11:30 horas na Esmorga.
• Tarde: Mesa redonda Productores (APEGA, Cume do Avia e Biocoop). Ás 19.30 h no Auriense.
Durante as Xornadas haberá unha exposición permanente de Compostaxe na Casa da Xuventude
(*) O curso de cociña terá aforo limitado. Para anotarse ao curso, enviar correo electrónico a informacion(arrob)agrourense(punt)info
Agrourense