Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Revista Opcions, por un cosumo consciente

Archivado en Información (Kit do cidadán crítico) • Fecha: 02-01-2007 20:38

A revista opcions é unha interesantísima revista cuxo principal obxectivo é ofrecer unga ferramenta útil para a práctica do consumo consciente (consumo responsable). Elabórase dende a asociación sen ánimo de lucro CRIC (Centre de Recerca i Informació en Consum) e resulta útil, entretida, interesante e amena. Coñecédea e tédea en conta para informarvos nun mundo cada vez máis dirixista e orientado hacia o consumo masivo sen control.


Cuestionarnos o xeito de consumir para pasar á acción

Durante moito tempo foi habitual ver o consumo como unha simple satisfacción de necesidades e desexos: o mercado ofrécenos uns bens e nós adquirímolos, fixándonos só no prezo ou a calidade. Últimamente, con todo, empezámonos a facer máis preguntas: ¿de que materiais está feito? Os procesos de produción, ¿como afectan ao medio? ¿onde se fan? ¿en que condicións laborais? ¿a que empresa dou o meu diñeiro comprando esta marca? E que a nosa forma de consumir ten efectos sobre o noso mundo e a nosa sociedade. Tamén preguntámonos como nos afecta este consumo a nós mesmos. ¿Ten algo que ver a forma como consumo co intre que dedico a traballar ou o que dedico a outros aspectos da miña vida? ¿a miña forma de consumir, ten algo a ver coas relacións persoais ou coa meu entorno social? ¿a miña forma de entender a natureza está ligada á miña forma de consumir? Reformularnos o noso consumo pódenos axudar desde o terreo práctico a descubrir opcións de vida diferentes; a crear un ideal propio da “boa vida” máis aló do que nos vén dado pola cultura do consumo. Por outra banda pódenos axudar a transformar as nosas sociedades e construír “outros mundos posibles”. A labor do CRIC e de Opcións é precisamente a de crear ferramentas de información para pasar á acción, tamén desde o consumo.

A revista: Opcions

En xaneiro do 2002 viu a luz o primeiro número de Opcions, unha revista con información práctica para un consumo consciente e transformador que se publica no Estado Español. En cada número revisamos o consumo dun produto ou servizo concreto. De xeito práctico a reportaxe central axudaranos a coñecer o produto, entender a súa función real, coñecer as diferentes formas de produción, indagar nas súas problemáticas sociais e ecolóxicas, coñecer alternativas, mellorar a nosa forma de uso. Tamén revisamos as opcións (marcas e empresas) que hai no mercado, desde as masivas e máis coñecidas ata outras non tan coñecidas pero que implican formas diferentes de “facer”. No resto de seccións reflexionaremos ou coñeceremos diferentes aspectos do noso mundo relacionados co consumo e descubriremos de xeito práctico opcións para transformar o noso consumo e o noso día a día. A revista, trimestral, edítase en catalán e en castelán. A forma principal de distribución é a subscripción (20 euros por 6 números); a subscripción pódese facer a través da web opcions.org, por teléfono, carta ou visitándonos. Tamén está á venda nalgunhas tendas de produtos ecolóxicos e de comercio xusto e librerías (ver web). Se non podedes ou queredes contribuír económicamente ao proxecto podedes dispoñer dos números gratuítamente na nosa web.

O colectivo: CRIC

O Centro de Investigación e Información en Consumo é unha asociación pequena independente sen ánimo de lucro, que se basea principalmente no traballo dos seus membros, e a colaboración de persoas afines á proposta. Moito traballo faise sen remuneración. Tamén damos charlas e talleres relacionados co consumo, editamos algúns libros coa editorial Icaria e colaboramos con medios de comunicación e movementos sociais a diferentes niveis. A metade dos nosos ingresos proveñen das subscripcións. Outras fontes son (nesta orde) a publicidade seleccionada, venda de revistas, subvencións, charlas e doazóns. Podedes atopar máis información sobre todos estes aspectos e números esgotados por descargar a opcions.org. E non dubidedes en poñervos en contacto connosco se queredes colaborar co proxecto.

Arc de Sant Cristòfol 11-23 - 08003 Barcelona Tel. 93 412 75 94
opcions.org - cric(arrob)pangea(punt)org

Publicado por Birnarem
160 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos