1. ¿Por que forzar ás nenas a xogar con xoguetes (que tradicionalmente considéranse de nenos e viceversa) cando espontaneamente non o farían?
Non se trata en ningún caso de impoñer nada, nin de forzar a nada, nin a ninguén e tampouco de prohibir, en realidade o problema estriba en considerar «espontáneo», «innato», «connatural» algo que é «apreso», «educacional» e «cultural». Os nosos nenos/as imitan pautas de condutas observadas nos maiores, asumen os roles vividos nas súas casas; no colexio, na rúa e reprodúcenos fielmente. Do mesmo xeito interiorizan a valoración que estes roles adquiren na sociedade. O importante é ofrecerlles novos patróns e modelos de relación entre xéneros.
Non consiste tanto en que os nenos deban xogar con bonecas e as nenas con coches, como en superar a dualidade tradicional «isto é de nenos» e «isto é de nenas», e permitir que os xoguetes sexan empregados por ambos sexos indistintamente; de feito, se observamos a realidade, aínda que tantos nenos como nenas xogan con bonecos, é unha necesidade. O que uns bonecos sexan para nenas e outros para nenos é culpa nosa. Sería conveniente fomentar o desexo nas/nos menores de romper barreiras ou cotos privados así como a curiosidade polo descoñecido, o novo, o non experimentado e comprobar vivencialmente o atractivo que poden resultar estas novas actividades.
2. ¿Que pasa cando a un neno que intenta xogar ás casiñas ou ás bonecas discrimínanlle e chámanlle nena?
Cando a un neno chámano «nena» témonos que preocupar polo valor que ten este insulto para el. Esta burla non terá tanta repercusión nun neno que observa que os seus modelos referenciais, persoas que admira (pai, irmán, un amigo, o seu profesor) realizan con gusto e satisfacción aquelas actividades polas que a el lle chaman nena. Aínda que a existencia destes patróns é primordial, será necesario que ademais o neno teña confianza en si mesmo e que reforcemos o seu auto-aprecio, a súa autonomía, etc. Non esquezamos que a educación para unha sociedade non-sexista esixe unha educación para a resolución de conflitos e isto poderá realizarse de forma positiva, creativa e constructiva na medida que o neno teña seguridade en si mesmo e no medio que lle rodea.
Aínda que os patróns de comportamento búscanse en persoas do mesmo sexo, isto non significa que educadores doutro sexo non poidan realizar unha discriminación positiva cara a actitudes e comportamentos tradicionalmente clasificados como do «sexo contrario», así será moi valiosa a súa achega cando resalten e enxalcen manifestacións de tenrura, de sensibilidade, de tacto, de preocupación polos compañeiros e compañeiras, etc. por parte dos nenos. Fomentar novas capacidades psicolóxicas, manuais, físicas e intelectuais non só favorecerá a convivencia entre sexos, senón que ademais enriquecerá ás nenas e aos nenos como persoas.
3. Cambiar os xoguetes antes de que cambie a sociedade, ¿non é empezar a casa polo tellado?
A realidade que vemos é que a nosa sociedade está nun proceso de cambio, e os xoguetes presentan a sociedade de fai 20 anos, pero non a de agora. Non é certo que a muller estea actualmente encerrada en casa e non teña outra opción profesional. Non é certo que os homes non cambien pañais ou dean para comer. Non é certo que a familia «normal» teña pai e nai. E cada día que pasa estas afirmacións van ser menos certas. O feito de que os mass-media, a publicidade, os contos infantís sigan dando unha imaxe do pasado é algo ante o que pouco podemos facer, tan só non comprar ou non mirar. Pero dos xoguetes que compramos somos totalmente responsables. ¿Os xoguetes que regalamos ás nosas fillas/os xoguetes para o pasado, ou son xoguetes para o futuro?
4. As nenas ao integrarse nos xogos de «só para mozos» séntense en inferioridade de condicións: forza, axilidade... ¿non é isto máis contraproducente, sobre todo para a autoestima, que o simplemente non xogar?
Non é certo que as nenas sexan menos áxiles que os nenos e é moi discutible que sexan menos fortes. Para saltar á goma de feito necesítanse habilidades complexas e diversas, tanto ou máis que para xogar ao fútbol. O que sucede normalmente cando unha nena intenta xogar ao fútbol por primeira vez é que argumentarán que xoga mal porque «é nena», pola contra cando un neno xoga por primeira vez, diranlle que é novato e patoso; contra isto poderá loitar e intentar superarse, contra «ser nena» non se pode facer nada, excepto ser conscientes de que iso non é ningunha limitación real para realizar calquera tipo de actividade, senón un estereotipo cultural.
Non debemos esquecer que, aínda que 'as nenas sofren as consecuencias duns estereotipos que acurtan e limitan as súas potencialidades, os nenos sofren as esixencias impostas pola sociedade aos «machos», que en moitas ocasións poden ser asfixiantes e orixinar complexos.
5. Posto que as nenas son as que xeralmente intégranse dentro dos xogos dos nenos e non tanto ao contrario, ¿como lograr que apareza interese por parte dos nenos cara a xogos considerados de nenas?
É lóxico que para as nenas sexa máis fácil xogar a xogo de «nenos» que ao revés, xa que existe unha actitude xeneralizada, inmersa en todos os aspectos culturais e sociais, de desvalorizar aquelas tarefas, valores e capacidades asignadas ás mulleres. Teremos que revisar o noso papel como educadores/as, os valores explícitos e implícitos, e desde unha análise crítica traballar para a consecución dun verdadeiro cambio de actitudes. Non é o mellor camiño para lograr que os nenos salten á comba ter que dicirlles que os boxeadores, para manter a súa forza física, realizan este exercicio moi a miúdo.
Aínda que as mensaxes de discriminación por sexo non dependen tan só de nós (existe multitude de emisores aos cales son sensibles: familia, medios de comunicación, rúa, escola) deberemos ir facilitando e potenciando que os xoguetes e xogos non reproduzan roles tradicionais discriminatorios e que poidan ser utilizados do mesmo xeito por nenas e nenos.
Que esta potenciación comece moi pronto, e que todas as persoas que interveñen na educación dun neno/a sexan coherentes con isto son as claves do éxito.
6. ¿Negar aos nenos e nenas pistolas e xoguetes bélicos pódelles frustrar e facer que os desexen máis?
¿Permitimos aos nosos fillos/as poñer a man nunha estufa quente ou deixámoslles fumar ou consumir cocaína porque dicíndolles que non, fariámoslles desexalos máis? NON. Porque o noso traballo como pais/nais e profesores/as é educar aos nosos nenos/as nun espazo seguro, ensinándolles as normas en que cremos. Se aquí entra restrinxir os xoguetes e as series bélicas, pois entra, simplemente dicimos non e explicamos por qué. Só podemos desexar que entendan as «normas» que lles ensinamos. Non necesitamos facer un drama sobre os xoguetes bélicos que poida convertelos nun froito prohibido. Simplemente facémoslles saber como nos sentimos e por que.
7. ¿Se as nenas e nenos non teñen pistolas non farán pistolas cos seus dedos, paus, plátanos, etc.?
O maior problema que temos ao adquirir xoguetes bélicos é que ao compralos estámoslles dicindo aos nenos/as que nos parece ben que xoguen con eles e polo tanto que a guerra e a violencia parécennos ben como solucións aos problemas. Que os nenos/as utilicen os seus dedos como pistolas non quere dicir que haxa que proporcionarlles xoguetes bélicos. Non desexamos que as/os nosas/os fillas/os fagan xestos que simbolicen pistolas, pero non llo impedimos a non ser que lles leve a pegarse.
8. ¿Os xoguetes bélicos non proporcionan unha catarsis para a agresividade dos nenos/as?
Dar aos nenos/as xoguetes bélicos non lles elimina a violencia; frecuentemente créaa ou a aumenta. Non hai que confundir violencia con agresividade, con vitalidade. Necesitamos darlles canles para expresar a súa agresividade de formas útiles. Recomendamos ás persoas que teñen nenas/os que xogan con xoguetes bélicos que fagan este experimento. Xogade coas vosas/os nenas/os e os seus amigos/as durante un intre con bloques, pelotas, puzzles, pinturas, etc. Tras un intre introducide pistolas, transformables, etc. e vede se cambian o xogo e a conduta.
9. ¿Como canalizar a agresividade sen darlles este tipo de saídas?
Hai moitas formas de permitir que un neno/a estea furioso/a ou utilice a súa agresividade sen facer dano ou imaxinar que fai dano a outros. Cremos que a mellor forma é construír a autoestima do neno/a e felicitarlle pola conduta positiva, indo ás raíces dos seus problemas e intentándolle axudar a utilizar a linguaxe, a cooperar e a desenvolver formas creativas de resolver os conflitos. Xunto a isto, o xogo físico axuda a reducir a agresividade violenta e a tensión.
Hai bastantes libros que analizan estes problemas. É importante comprender as etapas do desenvolvemento infantil para axudarlles a comprender a súa propia angustia e os cambios debidos ao crecemento.
10. ¿Como podo axudar á miña nena ou neno a vencer as presións dos seus amigos/as para ter xoguetes bélicos e ver series violentas?
Hai moita presión dos compañeiros/as para ter cheas de xoguetes. É importante axudar aos nenos/as a ter un sentimento de autovaloración como cimento da súa personalidade. Proporcionarlles xoguetes e experiencias alternativas que poidan compartir coas súas amigas/os. e sobre todo falar con eles/as sobre os seus sentimentos e os teus. Deberían comprender por que non teñen certas cousas e que ter cousas non é unha boa base para a amizade ou a popularidade. Ensínalles a pensar por si mesmos e comparte con eles/as exemplos de persoas que fixeron isto ao longo da historia.
Non é só a presión dos amigos/as, tamén está a presión dos publicistas. Podes utilizar isto como unha oportunidade para unha lección de economía. Os teus fillos/as deberían saber que a primeira preocupación dos fabricantes de xoguetes é o beneficio económico, non facer bos xoguetes.
Seminario de Educación para la Paz de la APDH. Carpeta Aprende a jugar, aprende a vivir
Fontes: Juguetes Sexistas y/o bélicos. Preguntas y respuestas
Paideia, escuela libre