Parece unha tolemia desaconsellar os tres tipos de arquivos máis populares ¿verdade? Pois non o é en absoluto, imos ver por que, e a propoñer solucións libres, e tecnicamente superiores a cada un deles.
Ficheiros avi:
AVI (Audio Video Interleave -intercalado de audio e video). É en realidade un contedor que garda os datos de vídeo e audio, encargándose de que se reproduzan sincronizados. Foi creado por Microsoft en 1992 e converteuse co paso do tempo nun "estándar" xa que en todos os S.O. e ata reproductores de DVD, consolas... pódese reproducir este tipo de arquivo. É importante saber que o contedor AVI só contén datos, non os codifica, polo tanto, pode conter unha pista de vídeo codificada con XVID ou DIVX (codecs) indiferentemente, e o mesmo co audio que pode ser mp3, ogg, vorbis, ... O formato AVI quedou anticuado desde a súa creación, só permite unha pista de vídeo e unha de audio, e non permite incorporar subtítulos dentro del.
A alternativa libre chámase Matroska que suple todas estas carencias creando ademais un ficheiro máis pequeno. Estas son as súas principais características:
1. Extensibilidade para uso futuro (é dicir, pode ser mellorado)
2. Menús (Como os que teñen os DVDs)
3. Selección de capítulos
4. Cadeas de subtítulos seleccionables
5. Cadeas de audio seleccionables (varias pistas de audio por ficheiro)
6. Procura (seeking) rápida no arquivo
7. Alta recuperabilidade nos erros
8. Reproducible por internet (ambos HTTP e RTP)
9. Tamaño final inferior ao AVI (para os mesmos datos)
As vantaxes son obvias, sobre todo nestes tempos onde estamos tan globalizados que adoitamos ver series en Inglés con subtítulos en varios idiomas, e o mesmo co audio. Podemos por exemplo ver unha serie con audio en inglés e os subtítulos non incrustados, seleccionables en varios idiomas, para engadir posteriormente a cadea de audio en castelán cando estea dispoñible.
Para poder ver os arquivos Matroska de extensión mkv, necesitades o pack Matroska, que podedes descargar aquí.
Tamén recomendo o reproductor multimedia libre VLC co que poderedes facer uso das capacidades do contedor, como seleccionar subtítulos e cambiar o idioma do audio. Está dispoñible para varias plataformas e é libre o que quere dicir que é gratuito.
Se queredes probar un vídeo Matroska con todas as súas capacidades, podedes descargarvos un nesta páxina.
Ficheiros mp3:
Todo o mundo coñece mp3, foi o precursor dunha revolución, e ten un gran mérito. Con todo o formato mp3 ten un problema, e é que está patentado, desde a súa creación en 1995 ata o 2005, ingresáronse por patentes 26.100.000 €, que todos sabemos quen pagou. Todo aquel que queira construír un reproductor mp3 ou reproducir mp3 sobre calquera medio, ten que pagar por esta patente o que repercute no prezo final do produto. Debido a este problema de patentes, moitas distribucións de Linux baseadas integramente en solucións GPL, non incorporan o codec reproductor de mp3 o que conleva a que moitos usuarios as abandonen ata antes de probalas.
A alternativa libre existe, e como non, mellora tecnicamente ao formato mp3, e chámase Ogg Vorbis. Podedes atopar moitos compresores Vorbis por internet, probade en Softonic. Se non tendes o codec, pódese descargar na súa páxina web oficial ou nalgún codec pack como estes.
A calidade do codec Vorbis é superior ao mp3, o que quere dicir dúas cousas:
* Que co mesmo tamaño de arquivo a calidade é maior.
* Que coa mesma calidade, o tamaño do arquivo Vorbis é menor.
Ademais de estar plenamente soportado en todas as distribucións de Linux. Existen "reproductores mp3" que tamén reproducen Vorbis, tédeo en conta nunha compra futura.
Ficheiros rar:
Estamos basicamente ante un problema igual ao do mp3. O formato rar non é un formato libre, e polo tanto hai problemas nalgunhas distribucións Linux. Hai unha alternativa que seguramente satisfará as necesidades dos usuarios de Windows chamada 7zip e que mellora aos demais formatos como rar ou zip. En Linux temos poderosas ferramentas que nos serven para realizar esta tarefa. O todopoderoso tar acompañado de gzip ou bzip2.
Quizais logo de ler isto, empezo a deixar de ver pronto ficheiros comprimidos con rar, que non se por que motivo, os odio.
Ben, expliquei os tres tipos de arquivos que creo deberiamos substituír inmediatamente, pero hai máis. A tecnoloxía proporcionada polo software libre é moi poderosa e está xeralmente por encima de moitas solucións comerciais. Imos facer un mundo un pouco máis libre para todos.
Fonte: El por qué no debemos usar tipos de archivo como avi, rar o mp3
W. Sobchak — 21-12-2006 14:00:15
Birnarem — 22-12-2006 13:09:23