Como ben sabedes todos/as o Deza, e por extensión Galiza, vai a perder dous castros por mor das obras do Tren de Alta Velocidade: un castro en Bendoiro, denominado “O Castriño”, e outro en Vilanova, o “Coto do Castrelo”.
Tamén, como saberedes polos xornais, ou simplemente polo “ruxe ruxe” local, existe unha toda polémica sobre o cúmulo de despropósitos que fixeron posible este atentado contra a nosa identidade, coa Xunta, o Adif e o Concello pasándose a pataca quente de uns a outros.
Sen entrar no fondo da polémica, pero deixando claro que para a Asociación Cultural “O Naranxo” a destrucción do patrimonio histórico é unha afronta indigna a nosa cultura, convocámosvos a unha saída para facerlles unha visita de despedida… e o menos que podemos facer por quen nos acompañou ó longo da nosa historia…
ORGANIZACION: Asociación Cultural “O Naranxo”
DIA SAIDA: Sábado 16 de decembro de 2006
LUGAR SAIDA: Diante do bar “Barriga Verde” na rúa Matemático Rodríguez
HORA SAIDA: Entre a 15,15 h. e as 15,30 h. Procurade ser puntuais, porque dispoñemos de pouco tempo ao ser os días moi curtos. Quen teña que leve coche. Repartirémonos entre eles.
PERCORRIDO
1- Visita ao Castriño de Bendoiro. Ruta: Lalín, Polígono Lalín 2000, Laxe, Castro e visita ao Castriño
2- Visita ao Coto do Castrelo de Vilanova. Ruta: Castro, Laxe, Polígono Lalín 2000, autopista, saída da autopista en Botos, Estación, Mouriscade, Vilanova, Costoia e visita ao Coto do Castrelo
REGRESO
Costoia, A Xesta, Moneixas e Lalín
DIRIXE E COMENTA: Antonio Presas
OUTRAS CONSIDERACIONS: Se chove hai que ir preparados, porque a saída realizase incluso nestas condicións. Levade calzado axeitado.
REFLEXION FINAL: ¿E necesario destruír castros, sen ningún tipo de contemplacións, para construír un TAV?
Fonte: ¿É preciso destrozar dous castros pra facer un TAV?
Folque.com