Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

¿Como mides o teu Nadal? Consumo responsable

Archivado en Ecoloxía • Fecha: 15-12-2006 13:47

Como medimos as cousas

Neste mundo en que todo se conta, contabiliza e mide, hai algo do que moitas veces non nos paramos a medir, o noso consumo.

Sendo o Nadal a época do ano en que máis sobe o nivel de Consumo, Taller de Solidariedade no marco da súa campaña "A túa quenda, a miña quenda", quere chamar á atención sobre o como medimos o noso Nadal, só no que somos capaces de consumir.

Medímola no que nos regalan...
Medímola no que regalamos...
Medímola no que comemos eses días...
Medímola...

O Consumo Navideño

Todos os anos escoitamos os mesmos datos de como crece o consumo chegado o último mes do ano. Os españois gastamos unha porcentaxe maior cada ano. É o momento máis alto de consumo en tempo e en diñeiro ...

O Nadal pasou a ser a escusa ideal para comprar para outros e para nós ... alimentación, agasallos, electrónica, xoguetes ...

Pero... ¿é realmente necesario todo ese consumo?

Fai non tantos anos non existía este nivel ou capacidade de consumo que temos hoxe en día. Evidentemente non é malo que crezamos en capacidade de consumo, pero si o é, se consumimos sen responsabilidade para o noso mundo, e por suposto para os nosos petos.

¿Qué ocorreu para ese aumento do Consumo?

As razóns habería que buscalas en aspectos sociolóxicos e económicos da nosa contorna. Aumentou a nosa capacidade de consumo, senón a curto prazo, sí en confianza, polo que non nos importa comprar hoxe para pagar mañá. Unha vez satisfeitas necesidades básicas, buscamos satisfacer outras máis prescindibles pero que nos outorgan un xeito de ser e de sentirnos no mundo, un estilo de vida. Tamén en Nadal.

Nesta época, a publicidade vólvese aínda máis agresiva, para que cada un poidamos atopar os produtos que formen o noso estilo de vida, e ademais para os que temos á beira, ao que regalamos. De forma que é o momento ideal, compramos para nós mesmos e para os demais.

O mesmo sistema utiliza o altruismo do agasallo navideño. A mesma dinámica obríganos a regalar en función do que nos regalen, e o medio para medir isto non é a ilusión, ou as ganas que hai no agasallo, senón, que o medimos no custo do agasallo. ¿É aí onde medimos o noso Nadal?

Ou máis ben na cea ou comida, na festa á que poderemos acudir. E verémonos máis incluídos ou non socialmente segundo o nivel de consumo no que nos incluamos nestas datas.

Fonte: Tu turno, mi turno. Consumo responsable

Publicado por Birnarem
197 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos