Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Concerto: Desenrolo urbano sostible

Archivado en Ecoloxía • Fecha: 13-11-2006 09:50

Concerto é unha nova e importante iniciativa da Unión Europea que apoiará a comunidades locais no desenvolvemento de iniciativas concretas que sexan sostibles e que teñan unha alta eficiencia enerxética.

Tales comunidades poden ser novas ou existentes, e que intentan mellorar o seu funcionamento enerxético. As comunidades apoiadas por Concerto encamiñaranse cara a unha política enerxética totalmente integrada, harmonizando o uso substancial das fontes de enerxía renovable con tecnoloxías innovadoras e sistemas para minimizar o consumo de enerxía e para mellorar a calidade de vida dos cidadáns.

España, con cinco cidades, é o país europeo con maior presenza no Programa Concerto, que abarca nove iniciativas cuxo obxectivo é integrar eco-edificios e enerxías renovables en beneficio do aforro e a eficiencia enerxética. A localidade navarra de Tudela é unha destas cidades e durante catro días acolleu ás súas catro compañeiras de viaxe -Donosti, Zaragoza, Viladecans e Cerdanyola del Vallés- para evaluar a marcha dos seus respectivos proxectos, escoitar as reflexións dunha veintena de especialistas e, de paso, acordar a creación dunha rede para intercambiar tecnoloxía e experiencias.

Desde a Dirección Xeral de Transportes e Enerxía da Comisión Europea, Gonzalo Molina subliñou que nas cidades (onde vive o 80% de europeos) "está o problema, pero tamén a solución". De aí as rigorosas esixencias aos eco-edificios de Concerto: os novos deberán consumir un 30% menos de enerxía que os "non ecolóxicos" recentemente construídos, e os rehabilitados non poderán superar o nivel destes últimos.

Ademais, as novas instalacións terán altas cotas de enerxías renovables, que irán máis aló da simple sustitución de combustibles contaminantes para contribuír á eficiencia enerxética de todo o sistema, no que produción e consumo integraranse nunha rede con mecanismos de control.

Dentro do proxecto Eco-City de Concerto, Tudela comparte a iniciativa "Desenvolvementos conxuntos en Escandinavia e España" coa cidade noruega de Trondheim e un dúo sueco-danés. No caso da Eco-City Tudela, as metas son moi ambiciosas: cero emisións de CO2 (8.000 toneladas tóxicas menos ao ano, como 3.500 coches sen fume), balance neto positivo de enerxías verdes e 100% de fornezo renovable. Haberá 700 vivendas de alta eficiencia energética (75% de aforro), e suficiente enerxía eólica e fotovoltaica para cubrir a demanda. Os plans inclúen ademais o uso de auga reciclada.

En canto ao transporte, fálase de "reducir a mobilidade obrigada e expulsar ao automóbil" para conseguir "unha cidade do peatón, a bici e a vexetación", onde as bicicletas serán públicas e poderanse coller e deixar en distintos lugares.


Fonte: Cinco ciudades españolas participan en un programa europeo de "comunidades sostenibles"

Programa Concerto

Publicado por Birnarem
192 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos




ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Atentado de eta