Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Diodos LED: a revolución na luz

Archivado en Información (Kit do cidadán crítico) • Fecha: 08-11-2006 13:11

Están xurdindo lámpadas que proporcionan unha luz clara, non se quentan, consomen vinte veces menos que unha bombilla incandescente e duran anos. Moi pronto iluminarán a súa casa: son os diodos LED.

Os diodos LED coñécense desde os anos 60. Son eses pilotos vermellos e verdes que hai en todos os aparellos electrónicos. Dentro da caperuza de plástico dun diodo LED hai un material semiconductor. Cando se aplica unha pequena corrente eléctrica, emite luz, sen producir calor e cunha cor definida. A cor pode ser ata invisible para o ollo humano, como os LED infravermellos que hai no mando a distancia do televisor.

Se os diodos LED son tan antigos, ¿por que non se popularizaron antes? O problema é precisamente a cor. Os diodos vermellos e verdes eran moi fáciles e baratos de producir, pero os azuis non. Todo cambiou en 1993 cando o investigador Shuji Nakamura descubriu un proceso máis barato de fabricación con dous compostos: Nitruro de Galio e nitruro de Indio, que son os que se utilizan na actualidade. Para conseguir luz branca hai que mesturar en partes iguais luz vermella, verde e azul.

O descubrimento dos LED azuis abriu a porta á iluminación doméstica, pantallas de ordenador máis lixeiras e luces de discoteca máis espectaculares, que poden adoptar calquera cor e controlarse cun PC, e tamén a unha avalancha de pilotos azuis en electrodomésticos e coches "tuneados".

As vantaxes dos diodos LED son moitas:

  • Tamaño: A igual luminosidade, un diodo LED ocupa menos espazo que unha bombilla incandescente.
  • Luminosidade: Os diodos LED son máis brillantes que unha bombilla, e ademais, a luz non se concentra nun punto (como o filamento da bombilla) senón que o todo o diodo brilla por igual.
  • Duración: Un diodo LED pode durar ata 50.000 horas, ou o que é o mesmo, seis anos aceso constantemente. Iso é 50 veces máis que unha bombilla incandescente. Ademais estes dispositivos de estado sólido son moi resistentes aos golpes.
  • Consumo: As bombillas tradicionais non xestionan de forma correcta a enerxía que reciben. Algúns estudos indican que unha bombilla emprega só un 10% de cada vatio para iluminar (algúns falan incluso de só o 5%), mentres que o resto é calor pero nos LEDS, é totalmente o contrario, un 90% de iluminación e un 10% de calor. Ademais os sistemas como os dicroicos necesitan de reflectores para concentrar a luz ao lugar onde queremos iluminar, o que supón perder un 60% de efectividade, mentres que o LED non precisa estes sistemas e a luz pode ser dirixida á zona que queremos iluminar cunha eficiencia do 90%.

Entón, ¿por qué, se venden xa lámpadas LED nas tendas de iluminación con todas as súas vantaxes, o seu uso aínda no é habitual?

O único inconveniente para a proliferación masiva dos LED é o prezo dos mesmos. Aínda que é variable e reduciuse un 50% no último ano, o seu prezo aínda é moi superior ao dunha bombilla convencional. As lámpadas de 3W, que poden substituír a unha bombilla de 40W, custan ao redor de 65 €.

O aforro no consumo e a duración non son suficientes motivos para que os consumidores se lancen a por elas. Non ocorre así noutras aplicacións onde a duración e o consumo si son factores importantes (semáforos, iluminación de avións ou linternas que se usan en deportes de risco) ou en lugares onde o cambio de bombillas é difícil ou caro (exteriores de edificios ou piscinas).

Pero os avances prodúcense a toda velocidade e unha lámpada LED coas mesmas prestacións pode baixar de prezo en cuestión de meses. Steven DenBaars, profesor de ciencia da Universidade de California Santa Barbara, asegurou que os LED (diodos emisores de luz) substituirán en dous anos ás tradicionais bombillas porque, malia que o investimento inicial é máis alto, a longo prazo resulta un sistema máis económico.


Fontes:
Diodos LED: revolución en la luz
Los Diodos Dejan Sin Luz A La Bombilla
Bombilla con garantía de por vida
¿Adiós a las bombillas?
Beneficios de la luz LED de alta potencia


Máis información: Diodo LED (Wikipedia en español)

Publicado por Birnarem
274 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos




LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009