Enerxía Eólica pero non en calquera sitio. Palacios de Compludo (Bierzo)
Archivado en
Denuncias •
Fecha: 03-11-2006 13:10
Nas saias do Becerril, no Bierzo (León) queren poñern unha cadea de tres parques eólicos, sumando case 100 aeroxeradores. Dende a Agrupación montañesa por la defensa del pico Becerril y Asociación Tyto alba están intentando conseguir para a zona unha figura de protección que será imposible se poñen o parque.
Para evitar a construcción deste megaparque fan unha recollida de sinaturas na seguinte dirección: Energía eólica pero no en cualquier sitio. Din que non están en contra da enerxía eólica, en cambio, a apoian por ser unha enerxía limpa e pouco invasiva; só requiren un cambio de ubicación e piden o maior apoio en firmas posible para presentar ante Medio ambiente da "Junta de Castilla y León".
Enerxía Eólica pero non en calquera sitio, non nos espazos naturais protexidos. Pola protección dun espazo único no Bierzo. Pola conservación da Reserva Ornitológica de Palacios de Compludo.
Publicado por
Birnarem
175 lecturas •
2
Comentarios •
0
Referencias
Comentarios
-
E qual é o sítio idóneo para colocar os parque eólicos?. Dá a impressom de que nom há tal sítio idóneo, pois seja onde seja sempre há protestas.
A energia eólica é umha alternativa ecológica, e rentável. Que funciona já agora, e travar-lhe o passo nom é muito responsável, porque qualquer outra opçom é pior ecologicamente. Senom se produz electricidade de origem eólico, será de origem nuclear ou fóssil.
Outra cousa é procurar, exigir, que as instalações de aerogeradores nom danem o entorno inutilmente. O qual é possível, nem mesmo tam difícil. Se Moncho — 03-11-2006 14:25:07
-
Entón estamos dacordo en que é unha enerxía necesaria, por ser limpa e renovábel. Pero non en sitios ecolóxicamente sensibles, que é o lugar de que estamos a falar.
Así e todo, a principal loita está no consumo máis que na producción, xa que teríamos que encher o país de molinos e ainda nos faltaría sitio coma o consumo sega ao mesmo ritmo de crecemento. Moito se fala de que se necesitan novas fontes de enerxía, pero o que se necesita é novas formas de consumo, acabar co despilfarro e gastar cartos en investigación de aparatos enerxéticamente eficientes que cada vez consuman menos, así como incentivar o seu uso. Birnarem — 03-11-2006 16:59:49
Comentar