Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Nova web da Comisión de denuncia da Galiza

Archivado en Denuncias • Fecha: 16-10-2006 12:27

A Comisión de denuncia da Galiza, Coordinación Social fronte a Tortura e os Malos Tratos, nace a finais do ano 2004, coma resposta á sensibilización que algúns colectivos e persoas amosan antes as reiteradas denuncias de torturas cometidas en Galicia.

A continua vulneración de dereitos fundamentais das persoas que están recluídas en cadeas, comisarías, centros de detención de inmigrantes, centros de cumplimento de penas da lei de responsabilidade do menor, etc. levou a aglutinar os esforzos de actuación de colectivos de diversos ámetos (sociais, xurídicos, políticos, territoriais), ata o de agora dispersos, nesta Comisión asamblearia, integrada por A Casa Encantada, Ceivar, CNA, CNT, Colectivo Moucho de A Coruña, Comisión Penitenciaria de Ourense, Comités Antisida de Galiza, Departamento de Dereito Penal da Universidade de A Coruña, Esculca (Observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades), Komunal de Ourense, Movemento polos Dereitos Civís, Ovella Negra, PreSOS Galiza, e persoas a nivel individual.

Mediante reunións periódicas, organízanse distintas accións e campañas para informar da realidade desas persoas, reclusas tras uns muros ben opacos; suxeitas a un réxime de vida que ampara, legalmente, situacións que permeten abusos e torturas e que, normalmente, resultan descoñecidas pola maioría dos cidadáns, ou ben se queren ignorar.

A Comisión quere ser os seus ollos e boca, para que resulten visibles xa que eles non o poden facer; daquela, levan a cabo marchas de denuncia ata as cadeas galegas, organizan accións e palestras informativas en diferentes lugares de Galicia, ocúpanse do seguimento de diversos casos de mortes e torturas, asistindo a xuízos a presos, ou prestan apoio ás familias dos torturados.

Comisión de denuncia da Galiza

Publicado por Birnarem
255 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos




LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009