Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Rosa rosiña, presidenta de Microsoft Ibérica, menuda fenómena

Archivado en Opinións, delirios e reflexións varias • Fecha: 11-10-2006 18:39

Rosa María García, presidenta de Microsoft Ibérica, durante o primeiro congreso Sociedade do Coñecemento e Democracia celebrado en Málaga (que contou coa presenza de líderes mundiais coma Al Gore, Mikhail Gorbachev ou Felipe González) advertiu ós políticos de que non deben confundir as opinións que reciben a través da Internet coas do conxunto da cidadanía, pois afirma que a Rede só a emprega unha minoría, e “cidadán non equivale a internauta”.

García sostén que a “verdade publicada” polos grupos que dominan as TIC poden “facer sentir” ós políticos como importantes certos problemas particulares que non son tal para o conxunto da sociedade.

¿¿¿??? Menuda sarta de incongruencias, falsedades e afirmacións "desinteresadas".

E agora me pregunto porqué non me invitaron a min á conferencia, porque de democracia sei algo máis que esta muller, e moito máis que Microsoft que debe pensar que democracia é un bonito nome para algunha das súas novas aplicacións de software privativo, espía, abusivo e controlador.

Conferencias para que os grandes "gurús" do capitalismo poidan seguir permitíndose bocatas de caviar con xamón ibérico. A verdade é que se me revolve o estómago cada vez que escoito falar a esta xente e aos que van por ahí cobrando millonadas dando absurdas conferencias en pro do sistema establecido, iso sí, enmascaradas de "democracia", "solidadariedade", "paz", ... Pero o que peor levo é que hai xente que os escoita, que se deixa enganar polos seus absurdos razonamentos (porque son "xente seria e de prestixo") ou que os xustifica mencionando a última obra "caritativa" feita por eles e debidamente publicitada. Pero claro, e que son unha mala pécora por criticar a esta xente, porque, a pesar de ter erros coma todo o mundo, os pobres son "solidarios" e "caritativos".

¡¡¡ aghhhhhh !!!

Fonte: A directora de Microsoft Ibérica advirte ós políticos sobre as posibles distorsións dos problemas que se poden percibir a través da Internet

Publicado por Birnarem
202 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos