Novo programa de televisión. Comezo o 15 de outubro de 2006, ás 22h en "La 2" de TVE.
¿Quen goberna o mundo? ¿Cal é o poder real dos políticos? ¿Sabe Vd. que o volume de negocios dunha soa multinacional é superior ao produto interior bruto de moitos países, incluídos Austria ou Dinamarca? ¿Cal é o papel dos paraísos fiscais que dan acubillo ao diñeiro do crime ou ao da corrupción? ¿Por que se permiten a existencia destes territorios sen lei? ¿Cal é o papel real de organismos como o Fondo Monetario Internacional, o Banco Mundial ou a Organización Mundial do Comercio? ¿Que pasou realmente na Arxentina para que a súa economía se viñese abaixo?
Estes e outros temas analízanse no primeiro capitulo da serie “Voces Contra la Globalización” a través das voces de José Saramago, Pérez Esquivel, Carlos Taibo, Eduardo Galeano, Jean Ziegler, José Vidal Beneyto, Sami Nair, Ignacio Ramonet, José Bové, María José Fariñas, Francoise Houtart, Manu Chao, Giovanni Sartori, Casadaliga, Toni Negri, Avi Lewis, Mayor Zaragoza, Fatema Mernissi, Vitorio Agnolletto e David Held, voces contra o modo no que se está levando a cabo no mundo o modelo de globalización.
Este primeiro capitulo titulado “Los Amos del Mundo” analiza o mundo do hoxe e a posibilidade doutro mundo máis xusto. Nel se amosa material dos documentais “La Toma” e “Memorias del Saqueo”. A serie consta de sete capítulos documentais dunha hora de duración cada un, froito das conversacións levadas a cabo polo director e guionista da serie, Carlos Estévez, con cincuenta e catro relevantes personalidades.
Cunha linguaxe sinxela e directa abórdanse temas coma se é posible que unha soa potencia poida dominar o mundo, como inflúe a industria do medo nos cidadáns, en mans de quen están os grandes medios de comunicación e cal é o seu papel, os esforzos por un mundo mellor (O mundo de Hoxe)
No “Soño de Simbad”, analízase o novo panorama laboral no mundo: as deslocalizacións de empresas, as grandes áreas de produción mundial (China e India), a inmigración, a perda da sociedade o benestar en Europa, as privatizacións, a perda dos dereitos laborais, a vitoria da economía especulativa sobre a economía produtiva e a política económica neoliberal.
“Un Mundo Desigual”, aborda a situación da pobreza en relación ao consumo no mundo, as áreas de miseria nos países desenvolvidos, as pandemias, o comportamento das grandes multinacionais farmacéuticas nos países nos que un terzo da humanidade vive con menos dun dólar ao día. Hai pouco, o orzamento de Nacións Unidas era de 1,2 billóns de dólares, seis veces menos que o que os norteamericanos gastaron en cosméticos.
“Camino de la Extinción”, enfróntanos ao quecemento global, á perdida de millóns de especies, á insensibilidade dos políticos e á despreocupación dos cidadáns ante un panorama que levantou xa as alarmas dos científicos de todo o mundo quen opinan que a forma de vida dunha parte da humanidade vai condenar a toda a especie.
“La Larga Noche de los 500 años”, comeza en San Cristóbal de las Casas (México) en xaneiro de 1994 cando o subcomandante Marcos inicia as revoltas contra a globalización precisamente o mesmo día que entra en vigor o Tratado de Libre Comercio entre América do Norte e México, para analizar a través das voces dos indíxenas e dos intelectuais a perda da terra no mundo, a perda da identidade, a uniformidade das culturas, as privatizacións e o novo panorama en America Latina.
“El Siglo de la Gente”, o septimo capítulo que pecha esta serie céntrase nos sucesos de Seattle e Génova, acode ao Foro Social de Portoalegre e ao de Caracas e suscita se ¿Outro Mundo é Posible? e como ha de ser ese mundo que xa está nacendo
A serie “Voces Contra la Globalización”, co subtitulo “¿Otro Mundo es Posible?” Combina as rodaxes en diferentes lugares do mundo, co arquivo documental, con crónicas dos informativos, ou traballos cinematográficos de directores como Win Wenders, Avi Lewis, Piñeiro Solanas, Eric Gandini, Hubert Sauper e musicas de Manu Chao, Jorge Drexler, Monserrat Caballé, Jose Manuel Alfaya, poemas de Mario Benedetti, recitales con Daniel Viglietti, os traballos contra a pobreza no mundo de Live 8, ou os mimos de Loucas dá Pedra de Pernambuco (Brasil).
Economistas como Jeremy Rifkin (EE.UU), Ecoloxistas como Ramón Fernández Durán (España), o relator das Nacións Unidas para o fame no mundo Jean Ziegler (Suíza), analista da globalización como David Held (Gran Bretaña), o director do Centro Tridimensional Francoise Hautart (Bélxica),
o ex portavoz do Foro Social de Genova Vitorio Agnolletto (Italia), o premio Principe de Asturias de Ciencias Sociais Giovanni Sartori (Italia), o escritor Eduardo Galeano (Uruguai), o especialista en química atmósférica James Lovelock (Gran Bretaña), o etnólogo Jean Malaury (Francia), o coordinador de previsións medioambientales de España Juan Manuel Moreno, a ensaísta Fatema Mernissi (Marrocos),o premio Nobel da Paz Adolfo Pérez Esquivel, o premio Nobel de Literatura, José Saramago (Portugal), analista social José Vidal Beneyto, o politólogo Sami Nair (Francia),o activista francés Jose Bove, a Vicepresidenta de ATTAC Susan George, ou Federico Mayro Zaragoza, Carlos Taibo, Domingo Jiménez ou Jaume Botey son outras das voces da serie.
Fonte: Voces Contra la Globalización, ¿Otro mundo es posible?