Non podemos permtir que nos sigan cobrando un canon ilegal.
En apoio ao recurso de inconstitucionalidade pola plataforma “Todos contra el canon” concentración na Coruña contra o canon o día 13 de outubro ás 19:00 na rúa Federico Tapia, 13 (Sede da SGAE).
O que nos cobran polo canon:
a) Para equipos ou aparellos dixitais de reprodución de libros e publicacións asimiladas reglamentariamente a libros:
1.º Escáneres ou equipos monofunción que permitan a reprodución de documentos: 10 euros por unidade.
2.º Equipos multifuncionais de sobremesa con pantalla de exposición cuxo peso non supere os 17 quilos e a capacidade de copia non sexa superior a 29 copias por minuto, capaces de realizar polo menos dous das seguintes funcións: copia, impresión, fax ou escáner: 16,67 euros por unidade.
3.º Equipos ou aparellos con capacidade de copia de ata nove copias por minuto: 16,67 euros por unidade.
4.º Equipos ou aparellos con capacidade de copia desde 10 ata 29 copias por minuto: 114,95 euros por unidade.
5.º Equipos ou aparellos con capacidade de copia desde 30 ata 49 copias por minuto: 153,28 euros por unidade.
6.º Equipos ou aparellos con capacidade de copia desde 50 copias por minuto en diante: 189,01 euros por unidade.
b) Para equipos ou aparellos dixitais de reprodución de fonogramas: 0,60 euros por unidade de gravación.
c) Para equipos ou aparellos dixitais de reprodución de videogramas: 6,61 euros por unidade de gravación.
d) Para soportes materiais dixitais específicos de reprodución sonora, discos ou minidiscos compactos para audio, sexan ou non regravable: 0,35 euros por hora de gravación ou 0,006 euros por minuto de gravación.
e) Para soportes materiais dixitais específicos de reprodución visual ou audiovisual, discos versátiles para vídeo, sexan ou non regravable: 0,70 euros por hora de gravación ou 0,011667 euros por minuto de gravación. A estes efectos, entenderase que unha hora de gravación equivale a 2,35 xigabytes.
f) Para soportes materiais de reprodución mixta, sonora e visual ou audiovisual:
1.º Discos compactos, sexan ou non regravable: 0,16 euros por hora de gravación ou 0,002667 euros por minuto de gravación. A estes efectos, entenderase que unha hora de gravación equivale a 525,38 megabytes.
2.º Discos versátiles, sexan ou non regravable: 0, 30 euros por hora de gravación ou 0,011667 por minuto de gravación. A estes efectos, entenderase que unha hora de gravación equivale 2,35 xigabytes.
En apoio ao recurso de inconstitucionalidade pola plataforma “Todos contra el canon” concentración na Coruña contra o canon o día 13 de outubro ás 19:00 na rúa Federico Tapia, 13 (Sede da SGAE).
Fonte: Convocatoria contra o canon na Coruña
Galiza Indymedia