Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Un novo Trivial, trivial.gz

Archivado en Información (Kit do cidadán crítico) • Fecha: 22-09-2006 10:50

Acabo de coñecer a existencia dunha páxina moi interesante: O trivial.gz. Nela podemos xogar ao clásico xogo do Trivial, con diferentes temas (Cultura e espectáculos, Xeografía, Historia, Lingua e literatura, Ciencia, No mundo) pero todos eles en relación a Galiza.

Eu xa me rexistrei, pódense crear partidas, unirte a partidas xa creadas, propor preguntas, puntuacións, clasificacións, ... Desde logo semella divertido e instructivo.


O lecer é un bo espazo para aprender e aprender xogando é a mellor forma de achegármonos á nosa literatura, á nosa historia, á nosa xeografía, a nós mesm@s.

Elaboramos este xogo tipo trivial pensando na xente moza e na que non é tanto, co obxectivo de contribuír a galeguización dun espazo vital, o do lecer e o xogo, que na actualidade sofre unha importante carencia de posibilidades pensadas desde Galiza.

Instrucións

Tipos de xogador@s:

1. Xogador@s invitad@s. Teñen opción de:
* Xogar partidas configuradas por outros usuarios.
* Introducir novas preguntas no trivial.gz.
2. Xogador@s rexistrados. Ademáis das opcións anteriores tamén poden:
* Crear novas partidas.
* Configurar un grupo de amizades coas que poder xogar máis fácilmente.
* Competir por ter as mellores estatísticas.

Normas do xogo:

1. Gañará @ xogad@r que tendo os queixos de todos os temas conteste correctamente a pregunta da casilla central.
2. Só se poden conseguir queixos no turno propio, contestando correctamente as preguntas das casillas grandes.
3. Tamén se poden perder queixos se no turno propio contestase mal (ou non se contesta en tempo) a pregunta.
4. A casilla central de cada lateral do taboleiro é un pasadizo á casilla para conseguir o queixo da mesma cor.
5. Púntuase por cada pregunta respostada de maneira correcta, aínda que non se estea en posesión do turno.
6. O xogad@r que ten o turno o perderá se non contesta correctamente e en tempo a pregunta formulada.

Opcións do menú:

1. Información persoal: Aquí poderás ver as túas estatísticas e tamén cambiar a información persoal e o contrasinal
2. Lista de amizades: Permíteche engadir xogador@s a unha lista para poder invitalos doadamente a novas partidas
3. Propón novas preguntas: ¿As preguntas parecenche fáciles? ¡Engade novas preguntas ao trivial.gz!
4. Mira as clasificacións: ¿Quén sabe máis de historia?¿Quen acertou máis preguntas? Aquí poderás sabelo.
5. Xogar partida: Poderás unirte a unha partida ou, se estás rexistrado, configurar unha nova.

trivial.gz

Publicado por Birnarem
110 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos