A localidade de Ribeira (A Coruña) acollerá o vindeiro sábado unha marcha silenciosa para protestar contra os malos tratos aos seres vivos e a crueldade contra os animais, segundo deu a coñecer o presidente da Unión de Protectoras de Animais Federadas de Galicia (UPAFGA), Javier García Calleja.
A coordinación da movilización corre a cargo de García Calleja, quen tamén é o presidente da sociedade protectora de animais,
quen expresou a Europa Press o desexo de que acuda unha "cantidade importante" de xente concienciada cos malos tratos á marcha.
A iniciativa de protesta aproveitarase para esixir a elaboración e posta en marcha dun nova lei de protección de animais domésticos e salvaxes en cautividad.
O presidente da UPAFGA dixo que Galiza necesita unha lei "totalmente nova", xa que a actual, que data de 1993, "quedouse totalmente obsoleta", precisou.
Calleja espera que desde a Consellería de Medio Ambiente cóntese coa "participación activa" das sociedades protectoras de animais para elaborar a nova lei e así aportar "as prácticas do día a día que temos".
A manifestación, que será en silencio e á que está previsto que acuda o veterinario que facilitou un vídeo cunha brutal malleira a un can, partirá ás 12.00 horas da explanada de autobuses de Ribeira, percorrerá varias rúas e avenidas e concluirá na praza do Concello onde, sobre as 13,15 horas, darase lectura a un comunicado.
O coordinador da marcha quixo deixar claro que se trata dun acto para dicir "non" ao maltrato animal e que non se pretende realizar ningún xuízo paralelo, xa que iso, dixo, "é algo que non nos corresponde a nós", concluíu.
Fonte: Europa Press
Haberá buses desde A Coruña, saíran ás 9h da Plaza de Ourense. Parece que está previsto que veña tamén xente desde Madrid e outras partes da península.
Relacionadas:
Una mujer arroja a su perro desde un octavo piso porque "merodeaba" junto a sus piernas y le "molestaba"
Los purasangre de Roca mueren de inanición