Aquí está un exemplo da utilidade de internet ben empregada. Pero claro, para unha empresa de autobuses que ten o monopolio do transporte público nunha cidade e gaña moreas de cartos, con escaso control por parte do concello, non necesita romperse moito a cabeza en esas "chorradas" de internet ou aumentando liñas ou nº de buses. En Coruña isto podería facerse sen problema, xa que todos os buses teñen un localizador. Incluso sería máis útil para os autobuses interurbanos que teñen menos frecuencia.
Teño que dicir que creo que en Galiza temos infrautilizada a rede, as empresas privadas e os particulares ainda non se decataron de que ben utilizado internet pode facilitarnos moitas cousas. E de facer avances os pasos son normalmente máis grandes os de particulares (que teñen menos recursos para dalos) que os das empresas, avergoñante.
Autobuses Bilbobus