Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

ADEGA denuncia un novo verquido no Rio Sar en Rois e Brión

Archivado en Novas Quentiñas • Fecha: 20-09-2006 10:12

Aparecen peixes mortos en 5 Km de rio e as augas están putrefactas. Un novo verquido contamina as augas do río Sar. Esta vez ao seu paso polos Concellos de Rois e Brión entre a aldea de Francelos (Rois) e a Ponte de Chave de Carballo (Brión). O verquido comezou hai 1 ou 2 días neste río, continuamente afectado pola contaminación. ADEGA quere denunciar, unha vez máis, o lamentable estado no que se atopa tanto o Sar como moitos dos ríos galegos.

Dada a repercusión que agora poden ter estas noticias debería aproveitarse para acabar dunha vez por todas cos verquidos nos ríos galegos, porque non hai río que non acumule máis ou menos contaminación.


Desta vez non podemos distinguir de que tipo de verquido se trata. A auga baixa de cor marrón e o intenso cheiro a podre e a peixes mortos inunda o ambiente. Os peixes mortos comezan a aparecer nun treito dun 5-6 Km. ADEGA puxo os feitos en coñecemento da Garda Civil.

Este novo incidente no Sar non é un caso illado. son só a punta dun iceberg: o lamentábel estado no que se atopan os nosos ríos e a pasividade das administracións á hora de garantir a súa conservación. A pesares de existir unha extensa lexislación sobre augas continentais, e de terse aprobado este mesmo ano unha Iniciativa Lexislativa Popular para a conservación dos ríos galegos, vilas, cidades e industrias seguen a vertendo a caño libre práticamente sen ningún control.

As autoridades competentes deben tomar medidas para frear o ritmo desmedido e a perigosidade dos verquidos que sofren os rios galegos, entre os cales, o Sar, resulta dos máis afectados. Hoxe, o conselleiro de Medio Ambiente ven de anunciar nunha comparecencia parlamentaria polo vertido do Umia a realización dun inventario dos focos de contaminación nos nosos ríos.

ADEGA quere lembrar ao conselleiro que xa existe unha ampla documentación sobre as agresións á nosa rede fluvial. Abonda cun simple paseo polo Sar, o Umia, o Tambre... para ser consciente da dimensión do problema. Cómpre pois aplicar as leis e apostar por unha política de control, disuasión e tolerancia cero cos vertidos, captacións ilegais, obras na zona de policía, desnaturalización das ribeiras...

BASTA XA DE AGRESIÓNS AOS NOSOS RIOS!!

Fonte: ADEGA denuncia un novo verquido no Rio Sar en Rois e Brión

ADEGA


Máis de verquidos:

A contaminación por chumbo na Ría de Vigo multiplicouse por 1.300 no medio século

Publicado por Birnarem
163 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos