Terractiva é un festival mediambiental que ten como obxectivo a defensa da terra, a nosa e máis a do planeta. É a festa das alternativas e calidade de vida, onde misturamos a expresión artística e cultural coa loita pola defensa da biodiversidade.
Durante dous días, o Terractiva acollerá unha extensa programación na que se conxugan actividades lúdicas e culturais, coas reivindicativas e formativas, pensadas para un público multixeracional. O festival é un convite ao encontro de produtores biolóxicos, colectivos ecoloxistas e público en xeral, co espírito de relacionarse e aprender, convertendo a vila de Arzúa en asemblea común da xente que respecte o noso entorno.
Desde que naceu Terractiva cada edición vímonos obrigados a berrar contra catástrofes que ameazan o noso país e á nai terra, Prestige, encoros e lumes son expresións do modelo capitalista imperante e da falta de equilibrio entre a humanidade e o planeta. Precisamente no seu compromiso co medio, por segundo ano, o berro de "Lumes Nunca Máis, O Monte para quen o Defenda" encabeza esta edición, que esperamos serva un chisco máis para construír un mundo onde caiban tódolos mundos.
PROGRAMACIÓN
Sábado 23 de setembro
MAÑÁ
0:00-14:30 Cursos Formaterra
11:00-14.30 Feiractiva
11:00-14:00 Ludotecactiva - 1 Andar
11:00-14:00 Obradoiro de Bioacústica (imparte A Oitava Illa) - Aula F
12:00-13:00 Obradoiro de Aromaterapia (imparte La Casa de la Salud) - Aula E
12:00-13:00 Obradoiro de Xoguetes Musicais para Nenos/as (imparte Lobera Instrumentos Musicais) - stand Lobera Instrumentos
12:00-14:00 Charla sobre Leite Ecolóxico (a cargo de XAN) - Aula A
12:00-13:00 Exhibición Instrumentos Vascos (a cargo de Fita Fik) - Aula Cadrada
12:30-14:00 Obradoiro de Xabrón Natural (imparte A Cova dos Ratos) - Espazo Central
13:00-14:00 Teatro: Anxo Moure, “Árbores Atrapadoras de Contos” - Ludoteca
13:00-13:45 Charla sobre a Galiña de Mos e a Gripe Aviar (a cargo de AVIMOS) - Aula D
TARDE
16:00-20:30 Cursos Formaterra
16:30-18:00 Presentación do libro “Viaxe ao País das Nubes”, de Manolo Pipas - Aula A
17:30-21:30 Feiractiva
17:30-21:00 Ludotecactiva - 1 Andar
17.30-18.30 Mans en Verde - Ludoteca
17:30-19:30 Obradoiro de Papel Reciclado (imparte A Cova dos Ratos) - Espazo Central
17:30-20:30 Obradoiro de Bioacústica (imparte A Oitava Illa) - Aula F
18.00-19.00 Altofalante: Foro sobre Cooperativismo e Consumo Consciente na Galiza - Aula A
18:00-20:00 Obradoiro de Cosméticos Naturais (Imparte: Mil Hulloa) - Espazo Central
18:00-20:00 Obradoiro de Construcción Instrumentos para Adultos (imparte Lobera Instrumentos) - stand Lobera Instrumentos
18:00-19:30 Obradoiro de Vermicompostaxe (imparte: Amigos da Terra) - Aula E
18:00-20:00 Charla sobre Conservas Ecolóxicas (a cargo de Amorodo) - Aula D
18:30-19:30 Obradoiro de Txalaparta (imparte Fita Fik) - Aula Cadrada
19:00 Altofalante: Vídeo - Fórum. Proxección: “A Cidadeda Selva”- Aula A
19:00-20:00 Charla sobre Cestería Viva (a cargo de Lola Tourón) - Aula D
20:30-21:30 Altofalante: Mesa Redonda. “O futuro de Nunca Máis” - Aula A
22:00 GALEUZCA MUSICAL: La Carrau e Dios Ke Te Crew - Praza da Vila
Domingo 24 de setembro
MAÑÁ
10:00-14:30 Cursos Formaterra
11:00-14:30 Feiractiva
11:00-14:00 Ludotecactiva - 1 Andar
11:00-14:30 Roteiro polo sobreiral do Arnego (A Golada) (guiado por Adega) -saída do Recinto Feiral Arzúa
12:00-13:00 Obradoiro de Aromaterapia (imparte La Casa de la Salud) - Aula E
12:00-13:00 Obradoiro Xoguetes Musicais para Nen*s (imparte Lobera Instrumentos) - stand Lobera Instrumentos
12:00-13:00 Obradoiro de Txalaparta (imparte Fita Fik) -Aula Cadrada
12:00-14:00 Obradoiro de Cociña Ecolóxica (imparte A Cova dos Ratos) - Espazo Central
12:00-14:00 Charla sobre Horta Ecolóxica (a cargo de XAN) - Aula A
12:00-14:30 Demostración de Encaixe de Bolillos (a cargo do Taller de M. Teresa García) - Espazo Central
12:30-14:30 Charla-Demostración de Podoloxía (a cargo de La Casa de la Salud) - Aula E
13:00-14:00 Teatro: Monicreques de Kukas, “Contos do Vento Acatarrado” - Espazo Central
13:00-13:30 Presentación Maderas Nobles del Segura - Aula D
14:30-17:30 Xantar Popular - Entrada traseira do Recinto Feiral. Amenizado polo Grupo Charamela da Asociación Cultural Xiadeira (Antas de Ulla- Lugo) e do Grupo Traiano (Chaves- Portugal)
TARDE
16:00-20:30 Cursos Formaterra
17:30-21:30 Feiractiva
17:30-21:00 Ludotecactiva - 1 Andar
17:30-18:30 Charla sobre Obesidade (a cargo de La Casa de la Salud) - Aula D
17:30-18:30 Charla sobre Vermixcompostaxe (a cargo de Todoverde) - Stand Todoverde
18:00-19:00 Altofalante: Presentación publicacións do Organización Galega de Comunidades de Montes (a cargo de Xosé Alfredo Pereira) - Aula A
18:00-20:00 Obradoiro de Iniciación aos Instrumentos de Percusión (imparte Lobera) - stand Lobera Instrumentos Musicais
18:00-20:30 Demostración de Encaixe de Bolillos (a cargo do Taller de M. Teresa García) - Espazo Central
19:00 Altofalante: Encontro colectivos ecoloxistas: o lume no Monte Galego - Aula A
19.00 Actuación da Aula de Teatro Ánxel Casal de Arzúa, “O Pazo” - Aula D
20:30-21:30 Teatro: Paula Carballeira, “Contos doutras Terras e das súas Xentes” - Espazo Central
21:30-22:00 Pasarrúas Musical (a cargo de Fita Fik)
22:00 GALEUZCA MUSICAL: Fita Fik e Berroguetto - Praza da Vila
Detallamos agora todas as actividades:
Feiractiva
A Feira Ecolóxica consistirá nunha feira activa e dinámica na que diversos expositores amosarán, exporán e venderán os seus produtos, ideas, proxectos, descubrimentos... No mercado verde reuniranse produtores biolóxicos, produtores ecolóxicos, artesáns, centros de mediciñas alternativas, colectivos sociais...
A feira ecolóxica celebrarase no Recinto Feiral sito na Rúa Padre Pardo s/n, instalacións municipais cubertas divididas por stands e permanecerá aberta durante o sábado 23 e domingo 24 de setembro en horario de 11:00 a 14:30 e de 17:30 a 21:30 horas.
Charlas, presentacións e demostracións
Data: sábado 23 de setembro
12:00 h. Charla sobre Leite Ecolóxico, XAN
O obxetivo e coñecer a realidade do leite ecoloxico da Galiza dende unha perspectiva da xestión técnico-económica da explotación para saber ata que punto a explotación pode ser rentable ou non. Orientado para técnicos e técnicas productores/as de leite e en funcion dos asistentes afondarase mais no tema.
13:00 h. Charla sobre Galiña de Mos e a Gripe Aviar, Juan Insua, membro de Criadores de Val do Dubra
Asociación de avicultores da raza Galiña de Mos: actuacións que se están a desenvolver para a recuperación, conservación e fomento da raza.
16.30 h. Presentación Libro “Unha viaxe ao País das Nubes”, Manolo Pipas (autor do libro)
Charla - presentacion do libro con recitado de poemas escritos froito dunha viaxe ás comunidades indíxenas organizadas no Consello Indíxena Popular de Oaxaca. Crónicas do traballo c*s fill*s da madre terra, o paso de La Otra Campaña, o novo movemento global que naceu da Sexta Declaracion da Selva Lacandona, e de como a vida en comunidade non ten espacio no neoliberalismo
18:00 h. Charla sobre Conservas Ecolóxicas, Amorodo
Acompañamos no camiño do desenrolo rural a productoras e consumidores / as ecolóxicos. Compartimos inquedanzas e a búsqueda dun modelo mais xusto para o noso rural.
Esta forma de entender a nosa empresa, e a que nos leva a traballar estreitamente cos productores, elemento fundamental de Alimentos AMODORO.
19:00 h. Charla sobre Cestería, Lola Tourón
A Cestería en Galiza a través dos tempos
Data: domingo 24 de setembro
12:00 h. Charla sobre Horta Ecolóxica, XAN
Curso introductorio sobre horta ecolóxica galega na práctica: Un percorrido polo ciclo agrícola galego. Polo tanto abordaranse temas como manexo de problemas coas pragas, enfermidades e malezas e manexo do solo e manexo da auga. En función dos asistentes afondarase mais ou menos no tema.
13:00 h. Presentación Maderas Nobles del Segura
Presentación desta empresa de silvicultura sostible de especies frondosas para a producción de madeiras nobles de calidade e a rexeneración medioambiental, que ofrece ademáis á sociedade un produto alternativo de aforro activo, ético, ecolóxico, seguro e rentable: lotes de árbores produtores de madeiras nobres e os seus coidados.
13:30 h. Charla - Demostración: Podoloxía, La Casa de la Salud
“Os nosos pés”. O zapato que esta mal adaptado pode chegar a ser obxecto de dores, fuente de transtornos e de patoloxías podales.
17:30 h. Charla sobre Obesidade, La Casa de la Salud
“A Obesidade: epidemia do S XXI en Occidente”. A obesidade non é só un problema estretico senón tamén un problema ético polo sacrificio dos animais, e de saúde porque a xente en xeral enferma de infartos,diabetes,hioertensión etc.debido á obesidade.
17:30 h. Charla sobre Vermicompostaxe, Todoverde
Demostración da compostaxe con compostadores e vermicompostadores e materiais orgánicos diversos
Demostracións – degustacións
Actividades de carácter práctico e/ou experimental que tentan a través da implicación dos/as participantes, fomentar a transformación de actitudes cara valores máis respectuosos co mediambiente, as persoas e os animais.
Domingo 24 de setembro de 12:00 a 14:30 e de 18:00 a 20:30
Demostración Encaixe de Bolillos, a cargo das alumnas do Taller de Mª Teresa García.
Domingo 24 de setembro de 13:30 a 14:30
Demostración de Podoloxía, a cargo de La Casa de la Salud.
Altofalante
Conferencias, exposicións, documentais e encontros. Actividades que abren espazo para a posta en común, o intercambio, o debate de ideas e experiencias na ámbito do medioambiente e a ecoloxía e a denuncia das prácticas abusivas dunha parte da humanidade que poñen en perigo o futuro da terra
Sábado 23 e domingo 24 de setembro de 11:00 a 14:30 e de 17:30 a 21:30
Videoinstalación.
Proxección continua durante todo o festival dunha ampla selección de títulos documentais e de ficción de temática mediambiental, tanto galegos como de fóra de Galicia. A proxección dos documentos é libre, podendo cada persoa visionar a peza que desexe.
Sábado, 23 de setembro de 2006, as 17:00
Foro sobre Cooperativismo e Consumo Consciente en Galicia.
Palestra-debate aberta dinamizada por diversas asociacións e cooperativas de consumo consciente de ámbito galego. Tratarase da importancia da concienciación en materia de consumo e da actividade das organizacións que traballan neste ámbito en Galicia.
Sábado 23 de setembro ás 19:00
Vídeo - Fórum: “A Cidade da Selva”, realizado por Helena Villares e Pilar Faxil.
Longametraxe documental que narra a historia dun grupo de homes e mulleres que o sacrificaron todo, mesmo a súa propia vida, na loita contra o franquismo. Son numerosos os rostros e distintas as condicións que os levaron a vivir no monte. Os motivos son diferentes, pero o percorrido, así e todo, é moi semellante.
Sábado 23 de setembro ás 20:30
Mesa Redonda: “O Futuro de Nunca Máis”.
Coa participación de representantes do mundo cultural galego, do movemento ecoloxista e da Coordinadora Nacional da Plataforma Nunca Máis.
Domingo 24 de setembro ás 11:00
Roteiro polo sobreiral do Arnego (A Golada).
Roteiro Guiado por ADEGA polas beiras do río Arnego, na parroquia de Carmoega, dentro deste fermoso e valioso paraxe natural. Con saída do Recinto Feiral Arzúa. O desprazamento ata o inicio do roteiro realizarase nos coches particulares das persoas que dispoñan del e o aporten.
Domingo 24 de setembro ás 18:00
Presentación das publicacións da Organización Galega de Comunidades de Montes, a cargo de Xosé Alfredo Pereira.
Presentación do traballo e actividades da Organización Galega de Montes e das publicacións dos seus II e III Congreso, así como do libro sobre a Historia da Mancomunidade do Val Miñor.
Domingo 24 de setembro a partir das 19:00
Encontro de Colectivos Ecoloxistas Galegos.
Foro de encontro e debate sobre os lumes no monte galego. O Festival Festival das Artes pola Biodiversidade Terr@ctiva, ADEGA e a Organización Galega de Comunidades de Montes convocan aos colectivos, organizacións e grupos ecoloxistas galegos e a todas as persoas interesadas a un espazo aberto no seno do festival para a análise, a reflexión e o debate.
Como punto de partida para o debate, propoñén os seguintes puntos:
- Análise dos motivos xerais do lume no monte galego-
- Papel da sociedade civil galega ante os incendios
- Responsabilidade política das institucións ante os incendios
- Solucións estructurais a este grave problema medioambiental
Exposicións
“O Monte é Vida, o Lume é Morte”, do Comité de Defensa do Monte Galego
Fotografías sobre os incendios nos montes galegos
“Exposición de Artesanía Tradicional Galega”, de Lola Tourón (Cestería Viva)
A través de varios paneis informativos e cun total de 20 pezas de cestería tradicional galega de madeira, brimbias e palla de centeo recollidas en difere localización, esta exposición pretende representar as técnicas e os materiais empregados en Galicia.
“Prantando Libros”, da AGPI en colaboración coa Consellería de Cultura
Homenaxe á relación entre a natureza e a lectura que organizou AGPI en colaboración coa Consellería de Cultura como encargo para o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. 39 Obras feitas por ilustradore/as galegos serviron de inspiración para que outros 39 escritore/as creasen textos sobre elas invertindo o proceso de creación habitual no que é o ilustrador quen se inspira no texto, aquí fíxose ao revés.
“COMPOSTAXE: unha alternativa para o tratamento dos residuos sólidos orgánicos” do Centro Iris - Amigos da Terra
A compostaxe é unha maneira biolóxica de convertir os residuos sólidos orgánicos en abono, reproducindo o proceso natural de rexeneración do solo en forma de humus. A compostaxe é a fermentación dos residuos vexetais do xardín, da horta ou da cociña sempre en condicións de aireación e humidade.
“A Enerxía”, da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
Ludoteca Infantil Ecolóxica
A ludoteca ofrece un lugar de xogo e esparcemento para a educación no tempo libre e no ocio dos e das nenos e nenas que se acheguen ao Terractiva. Neste espazo desenrolaranse sesións de animación mediante xogos, dinámicas grupais e outras actividades, incidindo en valores ecolóxicos e cooperativos. Asimesmo realizaranse obradoiros permanentes e xogos en continuo funcionamento.
Todas as actividades estarán dinamizadas por persoal especializado e apropiadas ás idades dos e das participantes, permitíndolles participar libremente na vida cultural e artes.
Datas: Sábado 23 e domingo 24 de setembro / Horarios: de 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 21:00 h / Lugar: 1 andar do Recinto Feiral de Arzúa.
Cafetería ecolóxica
Cafetería autoxestionada da Asociación Cultural Caleidoskopio. Servicio de cafetería e comidas con produtos libres de sofremento animal, maioritariamente ecolóxicos, autoproducidos, de comercio xusto e artesanais ou de colectivos e pequenas empresas. Infusións, cafés, doces, bocatas, empanadas, cervexas e refrescos ecolóxicos, bebidas naturais... Sen gasto de vaixela de prástico. Consumo consciente tamén nos vasos, pratos... Non á guerra por petróleo nen ningunha outra! Consumo consciente e respectuoso co medio, as persoas e os animais. Mostrando as alternativas e o poder que temos como consumidores que todas as persoas somos
Galeuzca. 2º Concerto contra o Lume
O Galeuzca é un festival de claro compromiso cas tendencias musicais representativas de Galiza, Euzkadi e Catalunya. Galeuzca recolle coa súa proposta boa parte da riqueza cultural da península para transmitir un valor imprescindible para o futuro da humanidade: a defensa da diversidade. Diversidade cultural, artística e lingüística da que darán mostra os artistas e grupos invitados ao escenario de Arzúa.
Como non podía ser doutra forma, a música, como ferramenta artística, servirá por segundo ano consecutivo, de alegato contra a tráxica realidade dos lumes negros que asolaron o noso país. O Galeuzca converterase nunha manifestación festiva de promoción, baixo o berro Lumes Nunca Máis, dunha conciencia ecolóxica e crítica que esixa novas políticas forestais, agro-gandeiras, medioambientais e urbanísticas, conducentes cara un modelo de xestión sostible e autocentrado na realidade do país.
FITA FIK (EUZKADI) A afección pola música tradicional vasca e o obxectivo de difundir e revivir certos aspectos da cultura vasca, especialmente os relacionados coa música tradicional euskaldun, levaron a un grupo de xóvenes á creación de Fita Fik.
Dende o 99, a asociación ten posto en marcha diversos proxectos, como escola de instrumentos tradicionais vascos, na que ademáis de formar músicos, tentan devolver o son do txistu, o tamboril, a txirula, a trikitixa, o pandero, a alboka, a txalaparta e outros instrumentos populares vascos, á rúa, ás prazas, ás romerías e ás festas. Así, organizan pasarrúas e romerías nas que profesores e alumnado animan con formacións musicais tradicionais, exibicións de instrumentos, concertos didácticos, talleres, e mesmo a “Kultur Jaia” (Festa da Cultura), na que teñen cabida diferentes expresións musicais e folklóricas.
LA CARRAU (CATALUNYA) La Carrau é recoñecida coma unha das formacións que revolucionou o folk catalán. Sonoridade única e grandes cancións que unen esencias populares catalanas con outras músicas do mundo.
A súa visión da música popular inclúe os feitos de romper, trastocar, enganchar, engadir e abrillantar todo aquelo que fai moverse e bailar. Cunha instrumentación que inclúe elementos modernos (batería, baixo,guitarra eléctrica...) e tradicionais (violín, laúde, acordeón...), dende a súa formación no verán do 2002 non deixaron de presentar as súas propostas en directo, actuando en festas maiores, festivais rock, festivais folk... case 250 actuacións realizadas en Catalunya, no resto do estado Español, Galicia, Euskadi, Italia, Francia, Polonia e Bélxica.
O seu directo é enerxético e trepidante. Todo o potencial da banda manifestase no escenario, transformándoo nunha festa. Pezas de creación propia e fusións de ritmos e melodías mediterráneas e anglosaxonas, irradiante frescor e alegría, configuran un directo explosivo e abraiante.
DIOS KE TE CREW (GALIZA) Rap rabiosamente social e en galego. Dios Ke Te Crew naceu en Ordes, ó longo do 2003, resultado da xuntanza de xente vinculada dunha ou doutra maneira ao mundo do HipHop. No tocante á parte musical, 5Talegos e Ghamberros, os dous grupos de Ordes, fusionáronse para levar a cabo a parte Rap do colectivo, ó que se sumarían os graffiteiros Vandals Crew e Cousas Novas, e os breakers composteláns Playmovil Kids.
Dende os seus comezos obtiveron moi boa acollida por parte do público e da critica. Durante a súa andaina compartiron esceario con artistas de sona nacional e internacional ó longo de toda a xeografía galega e parte do resto do estado. A súa traxectoria nos últimos anos é crecente, ao igual que o público que os acompaña en cada directo, sendo as súas actuacións posiblemente o seu punto forte.
O colectivo presentará en Arzúa “Xénese”, o primeiro disco de Rap integramente en galego, o cal marca un antes e un despois na historia da música galega. Nel, os seus catro mc´s dan renda solta ás súas línguas dun xeito compacto, abordando temas moi diversos como o movemento do HipHop; a realidade cultural, social e política; as realidades persoais deles mesmos; a Monarquía; os problemas deste mundo; a troula; o paso dos anos, etc ... As súas letras veñen cheas de realidade, humor, retranca e moito sarcasmo. Poesía explícita e ritmos contundentes.
Con este traballo danlle unha volta máis á concepción do Hip Hop, voltando ós seus oríxenes e á filosofía da que naceu esta cultura... Collendo como motivo a iconografía cristiá e a xénese da biblia, parodian á relixión católica e ó propio hip hop. Todo isto asentado sobre unhas bases musicais dun nivel excepcional, que recollen pinceladas de varios estilos, como son o jazz, o rock, o reggae, o hardcore e, como non, o funk.
Cunha heteroxénea posta en escena, onde graffiteiros, breakers, dj´s e mc´s mesturaranse no esceario pintando, bailando, rapeando e scratcheando, DKTC ofrecerá un directo ben distinto ao habitual. Hip hop ao completo nun mesmo formato, nun espectáculo coordinado ao milímetro con forza, enerxía e pinceladas de teatro.
BERROGÜETTO (GALIZA) O grupo de folk galego máis importante dos últimos tempos que demostrou a súa enorme capacidade musical e de creación. Fai agora dez anos estes artistas viñeron a convulsionar o mundo folk cun discurso diferente e atraínte. A súa xenialidade foi capaz de crear un estilo propio e inconfundible.
Agora, celebrando o seu décimo aniversario, vémolos en 10.0 agochados entre a herba, de novo inmersos no contacto coa terra. E de feito, son un dos grupos que mellor embaixador da nosa terra foi no exterior: preocupados por que a sociedade global non remate coa riqueza das diferenzas culturais, ademais do talento na composición, Berrogüetto caracterízase pola filosofía que arrodea o seu traballo. Son unha factoría de ideas na que a música fúndese con outras artes na busca de elementos sonoros innovadores.
En 1996 aparecía na escena musical o primeiro disco de Berrogüetto. Nacía así a traxectoria dunha banda innovadora, con ideas diferentes e plantexamentos orixinais. O disco recibiu o Premio da Crítica Alemana en 1997, compartido con Ry Cooder, mellor disco de world music; Premio ‘Eiserner Eversteiner’ en 1998, mellor grupo folc europeo, concedido pola asociación alemana de world music "profolk"; Premio Ideal en 1997, ao grupo revelación) e do público. Comezan as xiras por España, Portugal, Alemaña, Francia e Reino Unido, e no 99 chega Viaxe por Urticaria, na que a sorprendente portada mosaba aos músicos cubertos de lama. Hepta (2001), xoga co número máxico: sete son os músicos, sete as notas musicais, sete as cores, sete as belas artes... Contaron coa axuda de artistas plásticos coma George Rousse, coñecido artista contemporáneo francés cunha técnica de traballo que mestura pintura, arquitectura e fotografía.
Tamén colaboran músicos internacionais: o armenio Jivan Gasparian co seu Duduk, un instrumento de vento cunhas cualidades semellantes ás da voz humana, o sueco Markus Svensson co Nyckelharpa, un antigo instrumento tradicional sueco de teclas e cordas que se asemella a un violín, e Kalman Balogh dende Hungría, co Cimbalom, o orixinal instrumento tradicional dos Balcáns. Kin García toca o contrabaixo e o baixo eléctrico, Xabier Díaz pon a sua voz e Luís Palacín toca a harmónica.
DeSolASons (de sol a sons/desolación) nace en 1998, cando "Productora Faro" os convida a compoñer a banda sonora dunha serie de programas sobre as enerxías alternativas. O peculiar da idea era que a banda sonora sería gravada utilizando enerxía solar, nun estudio especialmente creado para iso, nas Illas Cíes, na costa galega. Alí, un equipo de 40 persoas traballou durante unha semana, e o resultado foi emitido finalmente en Canal + España. Catro anos despois, a costa morreu dende Portugal á Bretaña. O sentimento de frustración e desolación, levou ó grupo a reconsiderar o proxecto orixinal (chamado entón RenovArt), e transformalo nunha suite, que foi interpretada por primeira vez, coa Joven Orquesta de Cataluña, no Auditorio de Galicia.
DeSolASons como traballo discográfico verá a luz tamén no 2006.
Moita felicidade, moitos anos de vida
Nestes dez aniños de vida, Berrogüetto ten percorrido Europa de Leste a Oeste coa súa música. Agora están a presentar este novo disco por toda Galicia. O 24 teremos a oportunidade de velos atracar a súa nave solar no escenario de Arzúa, convertendo o concerto Galeuzca nunha novidosa festa para os sentidos…e a conciencia.
Sección Teatral
Esta sección inclúe unha serie de espectáculos galegos de temática mediambiental que se insiren dentro de diferentes modalidades teatrais. Nesta ocasión, o teatro de monicreques e os contacontos, servirán como ferramenta de diversión para o público de Arzúa, ao mesmo tempo que de fomento e transmisión de valores ecolóxicos e de respeto e compromiso co medio e ca terra.
Domingo 24 de setembro a partir das 13:00
MONICREQUES DE KUKAS, con “Contos do Vento Acatarrado” Teatro de Monicreques
É a compañía de teatro de marionetas máis antiga de Galicia, e unha das máis estables do panorama teatral galego. Nos seus 25 anos de existencia teñen producido máis de 30 montaxes teatrais, entre espectáculos de teatro de marionetas, ruadas e teatro de actor, cos que participaron habitualmente en tódolos circuítos teatrais de Galicia, e en feiras e festivais internacionais.
En “Contos do Vento Acatarrado”, a través dunha estructura dramática que integra o teatro dentro do teatro, achega a tódolos públicos unha serie de contos de Marcelino de Santiago que aluden cada un deles a temas de tanta importancia para a formación do público xove como son o pacifismo, a ecoloxía e o respecto polo entorno natural, a solidariedade e a xenerosidade persoal, ou o valor da amizade e o respecto pola igualdade dende o respecto á diferencia.
Sábado 23 de setembro a partir das 13:00
ANXO MOURE, Obradoiro de 'Arbores Atrapadoras de Contos' Obradoiro de Contacontos
Construcción de "arbores atrapadoras de contos solidarios" trasladando as lendas indíxenas de Canadá e dos seus atrapa-soños á nosa realidade forestal. Con materiais de refugallo (cartón vello, ceras de cores, fío e agulla), construimos atrapadoras de contos que penduradas atrapan contos solidarios cos que alimentar as nosas emocións.
24 de setembro a partir das 20:30
PAULA CARBALLEIRA, “Contos doutras Terras e das súas Xentes” Data: Domingo
Paula Carballeira adícase profesionalmente ao teatro e á narración oral desde 1994. Foi convidada aos principais festivais de narración oral tanto nacionais como internacionais (Brasil, Chile, Portugal....). Participou como actriz e contadora de contos en diversos programas da TVG ( “Apaga a luz”, “A noite en branco”, “Pequeno Hotel”, “O rei da comedia”, “Rías Baixas”, “Máxima Audiencia”, “Contando estrelas”. Actualmente, en “Pepe o inglés” e “Libro de Familia”) e ten colaborado na Radio Galega (“Xamón,xamón”, “A taberna da galega”). Membro da compañía teatral Berrobambán desde 1996, coa que coordinou a programación infantil ASTEROIDE B-612 que se desenvolveu na Sala Nasa de Santiago de Compostela e no Concello de Ferrol. Dirixe e interpreta a actual proposta do Centro Dramático Galego para público infantil: “A cabana de Babaiagá”. É autora de varios títulos de literatura infantil e xuvenil: “A percura” (Edicións do Cumio, 1990), “Robin e a Boa Xente” (EDB-Rodeira, 1993), “Troulas, andainas, solpores e unha farsa anónima” (EDB-Rodeira, 1996), “Olo-iepu-iepu” (Galaxia, 1999), “Un porco e unha vaca xa fan zoolóxico” (Xerais, 1999), “Mateo” (Kalandraka, 1999) , “Paco” (Kalandraka, 2000), “Correo Urxente” (EDB-Rodeira, 2002), “O ganso pardo” (Edelvives, 2002) , “A era de Lázaro” (Galaxia, 2004), “Contatrás” (Edicións Positivas, 2006) e “Smara” (Kalandraka, 2006).
CONTOS DOUTRAS TERRAS E DAS SÚAS XENTES
A terra non é sempre a mesma. A terra ten mil cores, mil paisaxes, mil historias que contan as súas xentes. Coñecer as historias é coñecer as terras ás que pertencen, e cómpre lembralas, porque o esquecemento é das peores enfermidades, e das máis destructivas. Falemos, para comezar, de Bagdag, de Samarkanda, de Armenia, de Islandia, de China e, por suposto, de Galiza.
ANIMACIÓN TEATRAL A cargo de José Carlos Illanes (zancos) e Roi González (monociclo).
Animación itinerante e permanente polo Recinto Feiral e as Rúas de Arzúa. O teatro sae ao encontro casual coa xente. Público son tod*s *s transeúntes, *s visitantes.
Cursos e Obradoiros Formaterra 2006
A educación constitúe unha das ferramentas fundamentais para fomentar a cultura e a conciencia ecolóxicas. Formaterra, a sección formativa do festival, fai unha clara aposta pola formación de calidade en materia medioambiental e de terapias alternativas convocando seis cursos que serán impartidos por recoñecidos profesionais a nivel galego, estatal e/ou internacional.
* CURSO DE RISOTERAPIA
* CURSO DE MUSICOTERAPIA
* CURSO DE ARTETERAPIA
* CURSO DE CONSCIENCIA PRENATAL EN EL ADULTO
* CURSO DE DINAMIZADORES/AS MEDIOAMBIENTAIS
* CURSO DE PERMACULTURA
INSCRICIÓN E PAGO DOS CURSOS FORMATERRA
* OBRADOIROS FORMATERRA
OBRADOIRO DE BIOACÚSTICA
OBRADOIRO DE AROMATERAPIA
EXHIBICIÓN DE INSTRUMENTOS TRADICIONAIS VASCOS, CONCERTO DIDÁCTICO
OBRADOIRO DE XABRÓN NATURAL
OBRADOIRO DE XOGUETES MUSICAIS PARA NENOS/AS
OBRADOIRO DE PAPEL RECICLADO
OBRADOIRO DE COSMÉTICOS A BASE DE ESTRATOS NATURAIS
OBRADOIRO DE CONSTRUCCIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS PARA ADULTOS
OBRADOIRO DE TXALAPARTA
OBRADOIRO DE AROMATERAPIA
OBRADOIRO DE COCIÑA ECOLÓXICA
OBRADOIRO DE INTRODUCCIÓN Á PERCUSIÓN
CURSO DE RISOTERAPIA E ESTRÉS
DURACIÓN: 12 horas.
IMPORTE: 50 euros.
HORARIOS: sábado 23 e domingo 24 de setembro
de 11:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h.
IMPARTE: Ángel Sánchez (Colaborador da ESCOLA DE SALUT INTELIGENTE de Barcelona) / CV
+ Info: www.republicaclown.org/web/risactiva.htm
O Curso de Risoterapia abordará a sanación desde a arte, sesións de ioga e expresión creativa, buscando sempre a conexión co ser creativo empregando a risa como terapia, como forma saudable para superar os problemas.
Este curso propón a realización de diferentes actividades arredor da persoa, centrado en valores, na autoestima, en técnicas autocentradas para unha saúde integral, a liberación da persoa e o compromiso Social. A través da combinación de xogos e dinámicas grupais participativas, que incentivarán a expresión creativa , abordaranse cuestións como que é e para que sirve a risoterapia, os xeitos de rir, tipos de risa, técnicas respiratorias e desestresantes... sempre a partir do que cada participante poida dar e realizar nun contexto lúdico e relaxado.
CURSO DE MUSICOTERAPIA
DURACIÓN: 12 horas
IMPORTE: 50 euros
HORARIOS: sábado 23 e domingo 24 de setembro
De 11:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h.
IMPARTE: Ana Gámez (Directora do centro TIERRA INDIA de Tenerife) / CV
+ Info: www.tierraindia.com
Tanto para personas xa iniciadas en este gran mundo que é o da música, como para persoas que non tiveran contacto con ela, traballarase o superar os nosos medos, vergoñas, complexos... empregando a música con todas as súas formas de expresión dende agua, pedras, sementess troncos de árbores....... ata instrumentos como tambores, sonajas, frautas, vibráfonos...como principais ferramentas.
A través da percusión, do canto e das danzas de diferentes pobos indíxenas da terra tratarase de espertar a nosa alma para que así o noso espírito creativo floreza. Neste curso recordarase ás persoas participantes como camiñar en equilibrio pola nai terra, agradecendo toda a beleza e perfección no que nos rodea coa música como grande ponte para acadar a outra beira . E logo desde o centro do río que é a vida navegar alí onde nos leven os latidos percusivos do noso corazón.
CURSO DE ARTETERAPIA
DURACIÓN: 12 horas.
IMPORTE: 50 euros.
HORARIOS: sábado 23 e domingo 24 de setembro
de 11:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h.
IMPARTE: Joan Sagrera (Presidente da ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE ARTETERAPIA) / CV
En Arteterapia, o proceso de creación artístico e os obxectos resultantes actúan como intermediarios na relación terapéutica, permitindo que determinados sentimentos ou emocións conflictivas atopen vías de expresión complementarias ou alternativas á palabra. A Arteterapia caracterízase polo uso de medios e procesos artísticos para axudar a conter e resolver os conflictos emocionais ou psicolóxicos das persoas.
Este cursos, pretende construir e profundizar no coñecemento da arteterapia, especialmente na súa dimensión preventiva en aplicación ao contexto educativo, así como o desenvolvemento de competencias para realizar intervencións arteterapéuticas no contexto escolar.
Obxectivos:
- Comprender e experimentar as aportacións que a arteterapia, como disciplina, aporta ao desenrolo da personalidade
-Desenrolar a intelixencia emocional
- Desenrolar o aspecto lúdico
- Aprender técnicas para evidenciar o inconsciente
- Desenrolo da atención, memoria, creatividade e aceptación da realidade como positividade
Marco teórico:
- Psicoloxía evolutiva
- Arteterapia
- Linguaxe non verbal
Metodoloxía:
- Experimental
- Evolutiva
CURSO DE CONSCIENCIA PRENATAL NO ADULTO,
ESE ESPAZO E ESE TEMPO QUE NON LEMBRAMOS
DURACIÓN: 12 horas.
IMPORTE: 50 euros.
HORARIOS: sábado 23 e domingo 24 de setembro
de 11:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h.
IMPARTE: Xabela Vargas (Directora de BENGALA, ESCOLA DE CRECEMENTO PERSOAL) / CV
+ Info: www.metodobengala.com
As cousas só cambiarán cando saibamos que as emocións, o medo, a ira, a dor e o amor, son a auténtica guía da nosa saúde e da nosa conexión cos demais e co universo. Só amaremos despois de comprender.
O corpo está para experimentar este proceso. Doutro modo, o noso creador, sexa quen sexa, nos tería formado puros. O proceso é unha elaboración, unha expansión do amor, unha extensión do espírito.
O desafío deste curso é comprender cómo operan estas forzas nas células e nas moléculas do ser desde o primeiro momento da nosa concepción. A tavés dun método vivencial e das técnicas do ioga, fundamentalmente da respiración, busca a conexión co neno que eramos no feto.
As persoas participantes neste curso deberán levar roupa cómoda, un coxín e unha manta; un cuenco mediano para enchelo de auga.; libreta para tomar apuntes ou grabadora e moitas ganas de crecer.
CURSO DE DINAMIZADORES/AS MEDIOAMBIENTAIS
DURACIÓN: 16 horas.
IMPORTE: 50 euros.
HORARIOS: sábado 23 e domingo 24 de setembro
De 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h.
IMPARTE: Verónica Campos (Educadora Medioambiental) / CV
+ Info: www.culturactiva.org
O curso oriéntase á formación de axentes medioambientais que poidan dende a realidade xerar novas dinámicas de organización xuvenil e artística, ademais de crear unha base de educadores medioambientais que adquiran pautas para traballar de xeito dinámico no respecto e recuperación do ecosistema, dende o compromiso social, educativo etc.
No curso abordaranse as principais problemáticas ambientais globais e galegas, os procesos de solucións, que é eso do Desenvolvemento sustentable e a Globalización e Medio Ambiente. Como metodoloxía de funcionamento, aplicaranse técnicas de resolución colectiva dos problemas, dinámicas de enxeñería autocentrada e modelos de análise activa da realidade mediambiental e social.
CURSO DE PERMACULTURA
DURACIÓN: 14 horas.
IMPORTE: 50 euros.
HORARIOS: sábado 23 de setembro de 13:00 a 14:30 h e de 16:30 a 20:30 h e domingo 24 de 10:00 a 14: 30 h e de 16:30 a 20:30 h.
IMPARTE: Antonio Palma (Coordinador do grupo de Permacultura en Galicia e colaborador da Academia de Permacultura Nodo Espiral España)
+ Info: http://groups.yahoo.com/group/permaculturagaliza/
O curso aportará ás persoas participantes formación teórica básica en Permacultura, orientada á concienciación e sensibilización de persoas con interese e inquietude por formar parte dun verdadeiro cambio a escala planetaria. Ofrecerase información relevante para establecer as bases formativas, nunha futura capacitación como activistas en ecoloxía, medio ambiente, comunidade, acción social etc. para loitaren por chegar a construíren unha Cultura Permanente e deseñar asentamentos humanos sostibles.
Contidos básicos:
Información básica dos conceptos esenciais da Permacultura, as súas bases filosóficas, teóricas e prácticas. A realidade a actualidade do movemento permacultural a nivel global e rexional.
A realidade e actualidade do problema do pico do consumo de petróleo, como xustificación da necesidade de cambio no noso modelo de civilización. A xustificación da necesidade dunha cultura permanente.
Desenvolvemento ou cultura, a Axenda 21 como ferramenta de aplicación de criterios de sostibilidade. Os pobos orixinarios como exemplo de respecto por o Planeta.
Cando?, como? e por que? xurde a Permacultura. Filosofía permacultural, Ciencia + Arte - Diseño + Mística.
Principios de Permacultura: Ética, actitude, ecoloxía, deseño,
consciencia.
Aplicación de principios: Zonas, sectores, gremios... O proceso de Deseño en Permacultura.
Permacultura práctica: ESTRATEXIAS E MÉTODOS, CULTIVOS, INTEGRACIÓN DE ANIMAIS, BIOCONSTRUCCION. Exemplos de Proxectos en marcha.
COMUNIDADE, ECONOMÍA SOSTÍBEL, BIO-REXIONALISMO.
O movemento permacultural: A Academia de Permacultura, o Certificado de Deseño, o Diploma.
INSCRICIÓN E PAGO DOS CURSOS FORMATERRA
Para facer a inscrición nos cursos do Festival Terractiva, seguir con atención os pasos indicados neste apartado.
A inscrición para os cursos realizarase exclusivamente a través do número de teléfono 981 582 836, previo ingreso bancario e tras enviar por fax o xustificante de ingreso ao número 981 575 699.
Cada curso terá un máximo de 20 prazas. A inscrición nos mesmos será por estricta orde de ingreso bancario. A organización do Festival Terractiva, poderá aprazar ou suspender aqueles cursos nos que non se cubran as prazas mínimas necesarias.
O prazo de inscrición remata o mércores 20 de setembro de 2006. As persoas que desexen facer unha inscrición despois desta data deberán poñerse en contacto coa organización do Festival no número de teléfono 981 582 836
1.- Ingresar o importe total do curso no que se desexa participar no número de conta de Caixanova 2080. 0540. 45. 0040001988 ata o 20 de setembro de 2006, indicando o nome do curso e o nome e apelidos da persoa solicitante do mesmo.
2.- Enviar por fax ao número 981 575 699 o comprobante do ingreso, asegurándose de que figura o nome do curso e o nome e apelidos da persoa solicitante.
3.- Pórse en contacto coa organización do Festival no número de teléfono 981 582 836, solicitando cubrir a ficha de inscrición nos cursos.
No caso de que se exceda o número máximo de alumnos/as nalgún dos cursos, o/a alumna/o entrará directamente en lista de agarda. Se finalmente non puidese entrar no curso a organización do festival porase en contacto coa/s persoa/s sen praza reservada para a devolución do importe ingresado.
OBRADOIROS FORMATERRA
A inscrición nos obradoiros é GRATUITA**. Esta realizarase no stand da organización durante o festival ata encher aforo por estricta orde de apuntamento.
** As persoas participantes no Obradoiro de Bioacústica, abonarán 15 € polo material auditivo resultado da actividade que cada participante levará consigo ao remate do obradoiro.
** As persoas participantes no Obradoiro de Vermicompostaxe, aboarán 10 € polo material necesario para a realización do mesmo.
OBRADOIRO DE BIOACÚSTICA
Imparte: A Oitava Illa
Data e Hora: Sábado 23 de setembro de 11:00 a 14:00 // Sábado 23 de setembro de 17:30 a 20:30 h
Duración: 3 h.
Descrición: Grabar e observar a mensaxe sonora da natureza. Realización de grabaciones de campo nun contorno natural próximo a Arzúa para posteriormente editar o material grabado e realizar pequenas montaxes sonoras creativas. Así, persigue concienciar de que o son é un reflexo da vida, e de como a actuación humana perturba as contornas sonoras naturais e a supervivencia das especies.
OBRADOIRO DE AROMATERAPIA
Imparte: La Casa de la Salud
Data e Hora: Sábado 23 de setembro de 12:00 a 13:00 h // Domingo 24 de setembro de 12:00 a 13:00
Duración: 1 h.
Descrición: O aroma da terra mollada, da escola na que estudiábamos de pequenos, do forno de pan de leña, das rosas do teu xardín... son recordos impregnados na nosa memoria e indebles ao paso do tempo. As esencias naturais son unha das poucas cousas que como a lama teñen vida eterna e deixan un instante de felicidade sempre que veñen ao noso recordo.
EXHIBICIÓN DE INSTRUMENTOS TRADICIONAIS VASCOS, CONCERTO DIDÁCTICO
Imparte: Fita Fik
Data e hora: sábado 23 de setembro de 12:00 a 13:00 h
Descrición: O obxectivo é dar a coñecer os instrumentos máis característicos de Euskal Herria. Mostraranse o corno, txalaparta (con tobera), txistu e tamboril (más silbote), txirula, gaita e familia (dulzaina vizcaína, gaita navarra e txanbela de Zuberoa), alboka, trikitixa e pandeiro. Os instrumentos vanse amosando un a uno, explicando as súas características, historia, papel que representaron e representan na cultura vasca, maneira de tocar, etc. e con cada instrumento tócanse un par de pezas. A exhibición finaliza coa execución en conxunto dun par de cancións.
OBRADOIRO DE XABRÓN
Imparte: A Cova dos Ratos
Data e Hora: Sábado 23 de setembro de 12:30 a 14:00 h
Duración: 1:30 h.
Descrición: Elaboración de xabón a partir dos aceites usados das cociñas. Un xeito productivo e respetuoso co medio de reutilizar este residuo e evitar que contamine a auga. Pódese utilizar para lavar a vaixela e incluso a roupa.
OBRADOIRO DE XOGUETES MUSICAIS PARA NENOS/AS CON ELEMENTOS DA NATUREZA
Imparte: Lobera Instrumentos Musicais
Data e Hora: Sábado 23 de setembro de 13:00 a 14:00 h
Duración: 1 h.
Descrición: Coñecer instrumentos musicais antergos e aprender a facelos ao xeito artesanal con elementos da natureza. Elaboraranse instrumentos sinxelos, como canabeiras, tarrañolas, chifres, zoadeiras, cantagalos, carrizos, curuxas, etc.
OBRADOIRO DE PAPEL RECICLADO
Imparte: A Cova dos Ratos
Data e Hora: Sábado 23 de setembro de 17:30 a 19:30 h
Duración: 2 h.
Descrición: Reutilización de papel usado (xornais atrasados) e convertilo para un novo uso como xeito de contribuir á conservación dos nosos bosques.
OBRADOIRO DE VERMICOMPOSTAXE - FABRICACIÓN DUN COMPOSTADOR URBÁN
Imparte: Amigos da Terra
Data e Hora: sábado 23 de setembro de 18:00 a 19:30 h
Reutilización de restos orgánicos domésticos para a obtención dun abono de calidade.
As persoas interesadas en participar neste obradoiro, debrán aportar o segunite material necesario para a fabricación do compostador, ou ben, abonar 10 € no stand da organización:
MATERIAL:
Cubo de plástico con tapa
Sacabocados (ou punzón para facer buratos no cubo)
Enreixado plástico par a cubrir buratos
Silicona
Pistola de silicona
Pedriñas, grava, ramas secas para drenaxe
Bolsa de rede plástica
Pao para remover
Vaporizador para humedecer
Terra de boa calidade (carballeira, ribeira río ..)
Lombrigas
Restos de comida (froitas, vexetais , té, café...)
Recipiente (para recoller lixiviados)
OBRADOIRO DE COSMÉTICOS A BASE DE ESTRATOS NATURAIS
Imparte: Mil Hulloa
Data e Hora: Sábado 23 de setembro de 18:00 a 20:00 h
Duración: 2 h.
Descrición: Preparación de sales de baño, con efectos terapéuticos e relaxantes a base de aceites esenciais como lavanda, xeranio, melisa, naranxo, rosa, limón, azahar,menta.... e preparación de cremas hidratantes todo a base de estratos naturais como lanolina (aceite de oliva, grasa de leite de ovella e auga, aceites vexetais, auga perfumada , aceite esencial, bórax e cera de abella.
OBRADOIRO DE CONSTRUCCIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS PARA ADULTOS
Imparte: Instrumentos Musicais Lobera
Data e Hora: Sábado 23 de setembro de 18:00 a 19:00 h
Duración: 1 h.
Descrición: Traballos sobor da construcción de instrumentos musicais: curvado das madeiras para instrumentos tradicionais (pandeireta, tamboril...), vaciado de tronco para instrumentos de percusión africana (dyembés, darbucas...) e ensamblase dos distintos elementos que forman o instrumento (cordaxe, arillado, pelexas...). Cada participante poderá facer e levar o seu propio instrumento.
OBRADOIRO DE TXALAPARTA
Imparte: Fita Fik
Data e Hora: Sábado 23 de setembro de 18:30 a 19:30 h // Domingo 24 de setembro de 12:30 a 13:30 h
Duración: 1 h.
Descrición: Ofrecer un primeiro contacto co instrumento. Tras unha pequena explicación e demostración, as persoas participantes comezan a pasar pola txalaparta.
OBRADOIRO DE COCIÑA ECOLÓXICA
Imparte: A Cova dos Ratos
Data e Hora: Domingo 24 de setembro de 12:00 a 14:00 h
Duración: 2 h.
Descrición: Cociña vegana (sen produtos animais) e ecolóxica, con productos biólóxicos e principalmente de producción local. Elaboración de diferentes pratos, mollos e doces con degustación final de todo o cociñado.
OBRADOIRO DE INTRODUCCIÓN AOS INSTRUMENTROS DE PERCUSIÓN
Imparte: Lobera Instrumentos Musicais
Data e Hora: Domingo 24 de setembro de 18:00 a 19:00 h
Duración: 2 h.
Descrición: Dos distintos sons que se podan obter cos instrumentos musicais expostos no stan, a xente interesada poderá participar na toma de contacto co instrumento de percusión que escolla.
Fonte: Terractiva