A festicultura que se celebra os días 15, 16 e 17 de setembro chega a súa cuarta edición cun novo salto cualitativo e cuantitativo no seu programación e consolidado como un dos mais importantes e orixinais festivales do noroeste peninsular.
30 grupos e compañías cuns 200 artistas, que abarcan 15 disciplinas que enchesen 66 horas en 3 días cunhas 50 actividades. Todo distribuído polas rúas, prazas e espazos mais fermosos de Allariz. Lembrade que actúan Manicómicos o venres ás 19:45h.
O venres 15 desde as 23:00 horas ademais de Ollos de Brujo, Premio o mellor grupo europeo dos BBC-Radio 3 World Music Awards 2004, que presenta o seu novo disco "Techarí" en exclusiva en Galicia; tamén estarán no Campo de Vilanova os madrileños Non Reply, grupo revelación deste ano e os cataláns Radio Malanga, grupo formado por compoñentes de Dusminguet, Stigmato Inc e Ollos de Brujo. Antes abrirán o festival na Praza de abaixo o grupo ourensán Odaiko Percusión Group, unha das propostas de maior calidade de Galicia.
O sábado 16 danse cita desde as 21:00 horas no Campo de Vilanova a Fanfare Ciocarlia, mellor grupo europeo dos BBC-Radio 3 World Music Awards deste ano, os granadinos Eskorzo, tamén co seu único concerto en Galicia, Telephunken Dj, e abrirán a noite as duas propostas mais orixinales do ano musical en Galicia: Os Festicultores Trouppe e GalegoZ. A noite continuará no dance set de Acearrica co Profesor Angel Dust e mais dj´s
O domingo 17 os concertos celebraranse na Acearrica desde as 17:00 horas con entrada gratuita e grupos de diferentes estilos: Aperta (percusión), Turres Band (ska, reagge), Folkolikos (mestizaje), Os Batukeros de la calle (mestizaje latíno), Som do Galpom (hip-hop mestizo), Trópico de Grelos (percusión) e A Freetanga (ska, reage, rock).
Tódas as noites terminarán con dj´s tamén de varios estilos na Acearrica.
Durante os 3 días e durante o dia haberá mercadiño e espectáculos de novo circo e musica de rúa no casco antigo; Os pasacalles tamén recorreran as rúas da vila, batucadas e circo amenizaran as tardes polas zonas de viños.
Na praia fluvial da Acearrica os talleres de percusión africana nivel medio alto, de danza africana, danza dos velos, malabares e novo circo, batucada, didgeridoo, ...
A gastronomía tamén ten o seu oco en Reperkusión, postos de comida de 6 paises daran comidas típicas o sábado e o domingo na Acearrica amenizados por música en directo e espectáculos de novo circo.
Exposicións de arte, fotografía, audiovisuales cunha carpa especial co mellor do Festival de Cans e interactivas para nenos estarán todos os días tamén no campo da acearrica durante o día.
Todas as actividades do festival fóra diso os concertos do venres e o sábado e do curso de percusión africana son gratuitas.
Os prezos do festival son: