Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Masa Crítica Coruña e a Semana Europea da Mobilidade 2006

Archivado en Masa Crítica e mobilidade • Fecha: 14-09-2006 09:47

O pasado ano, nada menos que 960 cidades de toda Europa participaron de forma activa na Semana da Movilidad e en 1.400 localidades se promovió unha xornada sen coches.

O obxectivo desta iniciativa é sensibilizar aos cidadáns acerca dos problemas relacionados coa mobilidade e o transporte urbano á vez que se mellora a súa saúde e calidade de vida. Tamén é un obxectivo importante o acadar compromisos concretos por parte dos concellos e outros organismos públicos referentes a mobilidade.

Este ano, a Semana da Movilidad, que se celebra entre o 16 e o 22 de setembro, centrarase no cambio climático. O transporte é responsable do 21% das emisións de CO2 en Europa e a fonte de gases de efecto invernadero que máis está aumentando.

Con motivo deste evento e dado o escaso interese por parte do goberno do concello da Coruña con respecto á mobilidade. Desde Masa Crítica Coruña solicitamos unha entrevista co alcalde, sendo o seu representante José Nogueira o que recollerá as nosas demandas. Será o día 14 ás 10h.

Un resumo das reclamacións que se presentarán é:

  • Creación do Plan Director e dun Observatorio da Bicicleta
  • Campañas destinadas a calmar o tráfico
  • Obrigatoriedade de incruir infraestruturas orientadas a peóns e ciclistas nas novas planificacions urbanisticas
  • Incentivar a intermodalidade (bicis nos buses, trenes, metro lixeiro, bicis no tranvía)
  • Unión a través dun carril Bici cos concellos limítofres de Culleredo e Arteixo
  • Unión de tódoslos tramos interruptus da cidade
  • Aparcadoiros para bicicletas en tódolos edificios e instalacións municipais
  • Creación de rutas compartidas e tráfico de coexistencia
  • Bus inter-campus gratuito, para incentivar o uso do carril Elviña—Palloza entre os estudantes da zapateira

Tamén intentarase realizar unha acción coa prensa, que consistirá en: poñer un punto de partida, realizar un recado noutro punto da cidade e volver ao punto de partida orixinal. Un periodista o fará en coche particular, outro en bus, outro en bici e outro andando. Ao final publicitarnase os resultados.

O venres 22 haberá unha "Masa Crítica Especial" con motivo da semana da mobilidade, sairá ás 20h da praza de María Pita e a marcha percorrerá un circuíto polas rúas máis céntricas da cidade.

Máis información en :

European Mobility Week

bicis.info

Publicado por Birnarem
178 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos