Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Portuguescolas

Archivado en Información (Kit do cidadán crítico) • Fecha: 07-09-2006 15:42

Xavier Alcalá

Recentemente La Voz de Galicia publicaba unhas cartas ao director que xogaban cos neoloxismos galescolas e inglescolas . Malia as súas diferenzas, o intervenientes tiñan razón en conxunto: o galego xustifícase por si mesmo e o inglés é a lingua franca do mundo. Só faltou o portugués na discusión, no momento en que o grupo das grandes potencias (o G8) convidaba o Brasil á xuntanza de San Petersburgo.

Seica en Galicia non se entende que a un neno galegofalante lle sexa doado aprender o portugués; mentres que o neno falante de linguas romances hase esforzar moito para aprender o inglés.

No inglés abondan as palabras monosilábicas, o cal é unha vantaxe para facer letras de cancións pero unha desvantaxe para entendelo. Xúntase a iso a cantidade de vocais que ten (difícil acertar na pronuncia de ship e sheep ; ou de course e curse , por exemplo). E para dominar a súa ortografía cómpre ser filólogo.

Fronte a iso o portugués ten regras sinxelas para representar a súa clara riqueza fonética. Axiña se aprenden, e como valor engadido teñen o coincidiren coas do francés (o que fai os portugueses tan bos falantes dese notable idioma veciño).

Se o portugués se ensinase en Galicia desde a escola, os galegos aproveitarían a súa maior riqueza cultural: abriríanse a 250 millóns de falantes en catro continentes. E, de paso, encontrarían fácil o francés. Non sería malo, logo, o pensarmos en portuguescolas (ou, mellor dito, galegoportuguescolas ) sen esquecermos o castelán e o inglés.

Xavier Alcalá

Fonte : Portuguescolas

Publicado por Birnarem
207 lecturas • 2 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios

  1. Xavier Alcalá é um craque que quebra qualquer estereótipo: nascido em Castela, engenheiro e escritor, defensor do lusismo.... Alguem sabe se ele escreve nalgum blogue?


    mendinho — 07-09-2006 19:52:00

  2. Pois paréceme que non ten blog propio, supoño a grande actividade de un home tan polifacético coma él non da para máis. E sí, a súa biografía é do máis curioso e pouco corrente.

    Haberá que seguir lendo cousas del nas columnas de opinión que de cando en vez publica nalgúns xornais.

    Birnarem — 07-09-2006 20:09:43


Comentar



Recordar datos