O movemento Masa Crítica esténdese por toda Galiza. A Santiago, Coruña e Vigo únese agora Bertamiráns. Por iniciativa do centro social A Fouce comeza a andar esta nova masa.
A Masa Crítica é unha "coincidencia organizada" de ciclousuari@s que realizan un paseo colectivo pola cidade. Este evento celébrase mensualmente en máis de 350 cidades de todo o mundo, baixo o lema "Pedaléa todolos días, celébrao unha vez ao mes".
A cita é venres 8 ás 19h na praza de Chavián, así que se vivides pola zona non o perdades.