Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Día de Acción global contra o Lixo e a Incineración

Archivado en Novas Quentiñas • Fecha: 05-09-2006 19:06

Amigos da Terra dentro da ALIANZA GLOBAL PARA ALTERNATIVAS Á INCINERACIÓN (GAIA) convoca aos medios na Casa da Xuventude o Día 6 de Setembro ás 13 horas con motivo do Día da Acción Global contra o Lixo e a Incienración pois a incineración de residuos derrocha enerxía, afecta ao clima e desaproveita oportunidades.

Cidadáns de máis de 25 países maniféstanse o 6 de setembro paraadvertir que a incineración de residuos provoca un aumento masivo doconsumo de enerxía no mundo. Sosteñen que a reciclaxe aforra máisenerxía que a que produce esta tecnoloxía obsoleta.

Os eventos que se desenvolverán o 6 de septembro, como parte do cuarto Día de Acción Global contra o Lixo e a Incineración, amosan que prever axeración de residuos e reciclar son estratexias esenciais para oaforro de enerxía.

Dende Amigos da Terra aproveitarase esta data non soamente para reivindicar unha vez máis unha política de xestión de lixo galega respectuosa co entorno e que pase dos papeis á práctica a través dos medios de comunicación, senón para presentar un informe que recentemente acaba de elaborar acerca dos hábitos dos ourensáns en materia de deposición selectiva dos residuos urbáns e especialmente de uso dos puntos limpos da cidade.

”É preciso que en Galicia comeze a xestionarse o lixo coas miras de Lixo Cero: as da reducción na orixe e a reutilización, pois continuar na liña da incineración, a pirólisis ou o plasma supón continuar sen resolver o problema da contaminación e promover o consumo masivo de recursos” declaran dende o colectivo.

"Previr a xeración de residuos e reciclar diminúe o uso de enerxíaporque evita os procesos de extracción e procesamento de materia primavirxe, que conlevan un alto consumo enerxético, necesarios parareemplazar os materiais que se derrochan en incineradores e recheos,"explica Manny Calonzo, co-coordinador internacional de GAIA. "Debido a que se usa menos enerxía, empréganse menos combustibles fósiles e polo tanto,diminúen as emisións de gases de efecto invernadoiro.

"Os incineradores tamén emiten gases de efecto invernadoiro,especialmente pola queima de plásticos. Pola contra, reciclar opapel, por exemplo, fai que máis árbores continúen vivindo en bosques esigan captando carbono da atmosfera. Isto reduce o cambio climático.A incineración xera unha espiral negativa de aumento do consumo deenerxía e emisión de gases de efecto invernadoiro.

As políticas e contratos que rexen comunmente para os incineradores requiren que sexere unha cantidade determinada de lixo. Estes contratos impoñen taxasque quitan todo incentivo aos gobernos para mellorar as estratexias deprevención da xeración de refugallos e os programas de reciclaxe ecompostaxe.

Para máis información sobre incineración e lixo cero por favor visite:
Coalición Ciudadana Anti-icineración
Global Anti- Incinerator Alliance
2006 Global Day of Action Against Waste and Incineration
Global Warming - Waste

Fonte: Rolda de Prensa no Día de Acción global contra o Lixo e a Incineración

Ecotono.net

Publicado por Birnarem
119 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos