Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Concentraçom-manifestaçom contra os recheios na Ría de Vigo na vila de Bouzas

Archivado en Novas Quentiñas • Fecha: 05-09-2006 09:39

Pola iminente chegada de camions com os escombros de Casa Mar ao recheo de Bouças, o colectivo de vizinhas e vizinhos: Bouzas-móvete convoca pro sábado 9 de Setembro às 12:00 horas unha concentraçom na Pérgola de Bouzas para sair em manifestaçom polas ruas desta vila marinheira en protesta da politica de recheos do Concelho de Vigo. Acude e amplifica esta convocatoria.

Convoca o colectivo de vizinhas e vizinhos: Bouzas-móvete

En Bouzas...
Roubáronnos a praia, co seu recheo
Roubáronnos o mar, cos seus peiraos
Roubáronnos o marisqueo, coa sua contaminación
Roubáronnos o solpor coa sua ponte
Roubáronnos a paisaxe co seu monstro horrendo
Roubáronnos as estrelas cos seus potentes focos
Roubáronnos o silencio co tráfico e as suas industrias.

Agora...
Quérennos roubar o recendo mariño cos seus aterramentos
Quérennos apestar coa chafallada da sua depuradora
Quérennos atravessar co seu trem chu-chu
Quérennos enganar cos seus contos infantis
Quérennos afogar cos seus escombros e lixo
Quérennos deixar sen ria co seu falso progreso

E fano...
Porque a sua cobiza non ten límite
Porque a beleza lles espanta
Porque son amigos do chapapote e o formigón
Porque ven o meio ambiente como unha mercadoria
Porque confunden os intereses das multinacionais cos do povo
Porque exproprian á xente para agasallar ás empresas
Porque enchen os petos destrozando a ria
Porque violan impunemente as suas próprias leis
Porque mercan as vontades dos infelices en venta
Porque estan enfermos de indignidade
Porque quen sofre somos sempre nós: os peixes e moluscos,
as gaivotas, as veciñas e veciños a xente que vive do mar e a mai natureza.

E nos berramos...
Basta de roubos
Basta de cacicadas
Basta de recheos
Basta de contaminación

Veciñas e veciños de Bouzas

Fonte: Concentraçom-manifestaçom contra os recheios na Ria de Vigo

Indymedia Galiza
Bouzas-móvete

Publicado por Birnarem
107 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos