Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Un grupo de moz@s norteamericanas pobres chega a Cuba para estudar medicina

Archivado en Novas Quentiñas • Fecha: 01-09-2006 10:23

Un grupo de 13 moz@s de comunidades pobres de Estados Unidos chegaron hoxe a Cuba para estudar a carreira de Medicina, nun proxecto auspiciado pola Fundación Interrelixiosa estadounidense Pastores pola Paz. O doutor José Miyar Barrueco, secretario do Consello de Estado da República de Cuba, recibiu no aeroporto internacional José Martí aos visitantes, quen de inmediato se trasladaron á Escola Latinoamericana de Medicina (ELAM), da cal serán alumnos.

Est@s moz@s norteamerican@s non puideron realizar os seus soños en EE.UU., pois foron vítimas daqueles valores que converten á medicina nunha mercancía máis, afirmou o reverendo Lucius Walker, líder de Pastores pola Paz, quen denunciou que o sistema de saúde na única súper potencia do planeta ignora aos pobres.

Indicou que se estes estudantes poden seguir cos seus estudos é grazas a Cuba, polo cal expresou un profundo agradecemento e aprecio ao pobo antillano e ao seu Presidente Fidel Castro Ruz.

Destacou que o proxecto realza o seu significado, a un ano do paso do devastador furacán Katrina pola cidade de Nova Orleáns, lamentable experiencia na cal perdéronse innecesariamente numerosas vidas e rexión onde continúa a desatención oficial á maioría das persoas pobres.

Traemos novos estudantes de Medicina á Illa para que aprendan a tradición, os valores e o compromiso co ser humano, co propósito de que no futuro salven vidas e melloren a calidade desta en barrios norteamericanos desfavorecidos, afirmou o reverendo Walker.

Estados Unidos fallou dun xeito enorme en logralo, pero Cuba móstranos o camiño de que un mundo mellor é posible, sinalou.

O doutor Juan D. Carrizo, rector da ELAM, deu unha cordial bienvenida ao centro aos seus novos alumnos e explicoulles as características desta institución, na cal prepáranse como futuros médicos máis de 10 mil moz@s de escasos recursos, pertencentes a 100 grupos étnicos de 27 países.

Este é o sexto grupo de estudantes norteamericanos que chega á nación caribeña para tales fins, cos cales elévase a 88 @s moz@s desa procedencia matriculados na ELAM e no Instituto de Ciencias Médicas da Habana.

Fonte: Un grupo de jóvenes norteamericanos pobres llega a Cuba para estudiar medicina

Publicado por Birnarem
106 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos