Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Construccións ilegais, a impunidade continúa

Archivado en A Toda Costa • Fecha: 01-09-2006 09:33

ADEGA ven de denunciar recentemente sendas construccións ilegais en Corrubedo e Valdoviño. Hai que seguir vixiando, xa que a administración non o quere facer ou é incompetente para elo. E, por suposto, que as denuncias feitas sexan tidas en conta para a paralización e demolición das obras ilegais.

Parque Natural de Corrubedo

A Rede Natura 2000 a miúdo non é máis que papel mollado, unha protección virtual que incluso a propia administración parece esquecer. Os Parques Naturais, malia a disfrutar dun grao de maior protección, tampouco están libres do cemento e do ladrillo. Neste caso é o Parque Natural de Corrubedo, onde co visto bo de Medio Ambiente se están a construir edificacións en terreos protexidos. ADEGA esixe que se cumpra a lei e, consonte a ela, se realice unha política de afección cero á Rede Natura.

Máis construccións ilegais: agora no Parque Natural de Corrubedo

Praia e Castro da Frouxeira (Valdoviño)

ADEGA ven de denunciar a construcción dunha urbanización na praia da Frouxeira, concello de Valdoviño, en terreos incluidos no LIC Costa Ártabra con hábitats prioritarios protexidos pola Directiva 92/43 CE. Alén disto, o complexo residencial está afectado pola Lei de Costas e sitúase a poucos metros do castro da Frouxeira. ¿É así como se preserva o noso patrimonio natural e cultural?

Urbanizacións en Rede Natura: agora Valdoviño

Publicado por Birnarem
124 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos