Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Nace o Proxecto Meiga

Archivado en Novas Quentiñas • Fecha: 29-08-2006 14:49

O Proxecto Meiga nace coa idea de agrupar a toda a xente que posúe material audiovisual en galego, ou ben que pode conseguilo, coa idea de compartilo libremente pola rede. Buscamos a xente que teña capturadoras de TV Dixital para poder grabar series ou peliculas que se emitan pola TVG, e despois colgalas na rede para que a xente poida baixalas. Tamén buscamos xente que poida facer montaxes de audio galego sobre o video orixinalmente noutro idioma, e por suposto tamen buscamos xente que teña material en galego, ainda que a calidade de imaxe non sexa moi boa, xa que eso podemos solucionalo coas montaxes de video.

O noso obxectivo e promociona-lo uso do galego e evitar que esas dobraxes tan boas que se fan na nosa terra caian no esquecemento depois de seren emitidas un par de veces por television. Non temos intencion ningunha de gañar cartos con esta iniciativa, o unico que perseguimos como xa dixen antes e conservar as dobraxes e promociona-lo galego.

Xa sabes, se tes algo que nos pode interesar ¡Contribúe!

Proxecto Meiga

Publicado por Birnarem
184 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos




ADN.esADN.es Medio Oficial Premios Bitacoras 2008: Mariah carey