Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Incendios e ¿respostas?

Archivado en Opinións, delirios e reflexións varias • Fecha: 25-08-2006 02:00

Sobre os incendios en Galiza deste verán hai centos de opinións, conxeturas, acusacións, ... Todas están, en certo modo, fundamentadas e teñen certa credibilidade. Moitos intereses, moitos intermediarios, moitas causas, ... ¿qué crer? ¿cal é a verdade? Probablemente e coma sempre a realidade é o suficientemente comprexa como para atopar unha única causa, un único culpable, ... que, por outro lado, sería o que desexaríamos, algo que poder crucificar como causante de todos os nosos males. E cada un de nós temos o noso favorito.

En calqueira caso, e sendo certo que é terrible o tempo en que tarda en recuperarse totalmente unha zona quemada, o único positivo de todo isto é que estaremos ainda máis atentos ante calqueira abuso do agresivo sector inomobiliario (iso espero) e que se acelerará o proceso de recuperación do noso bosque autóctono (xa que moito do ardido era eucalipto e pino). Dito de outro modo, se o noso pelele era o sector inmobiliario ou papeleiro, esperemos que con toda esta conciencia mobilizada evitemos que saquen os réditos esperados, se non o era, pois nunca está de máis estar atentos a non deixarnos asoballar polos seus intereses, que destrozan o noso bosque e a nosa paisaxe (o que é dicir a nosa propia identidade).

O sector apagaincendios tamén está no punto de mira, e iso tamén será algo do que falar, xa que é curioso que as dúas últimas catástrofes sacaron á luz dous sectores que sorprendentemente son privados (os remolcadores de buques e os apagalumes), sendo ambos fonte de enormes beneficios. O feito de que sexan privados xustifícase dicindo que así sae máis barato pero, ¿non nos din moitas veces que o barato sempre sae caro? parece que pode cumprirse nestes casos.

O factor político é de esperpento, uns din que puido ser causa porque así lográbase erosionar ao governo bipartito, e outros din (todavía máis descabellada) que ao bipartito interésalle queimar todo o posible este ano, porque así no ano de eleccións xa non queda por queimar e sairá reforzado por un bo ano contra os incendios. Eu penso que neste caso é un sucio aproveitamento da situación, pero non unha verdadeira causa dos incendios, porque se fose así, en fin, prefiro non facer comparacións.

E agora, ¿qué facer?, é a pregunta clave. Coller aos causantes din uns, olvidarse diso e ir ás causas directamente din outros, poñerse mans a obra sobre o futuro, din outros. Desde logo o que está claro e que "nunca máis" deberiamos permitir que xoguen coa natureza, coa terra, cos animais, coas persoas, ... deste xeito. E que ningunha causa xustifica todo isto, porque é parte de nós, porque foi parte do noso pasado e porque deberá ser parte do noso futuro. E o ladrillo, os cartos, o papel, os cartos, o poder político, os cartos, o proveito persoal, os cartos, a vinganza, os cartos, o rencor, os cartos, ... é algo efímero e que desaparece deixando á vista todos os seus destrozos.

Dúas opinións interesantes as podedes atopar por aquí:

Sospeitas razoábeis (Calidonia)

Onde hai fume, hai lume (De paso)

Opinade se queredes e enviade máis enlaces de opinións interesantes, que seguro que as hai, porque o blogomillo "está que arde" con toda esta polémica, e gracias que existimos :P.

Publicado por Birnarem
1573 lecturas • 2 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios

  1. Está claro a intencionalidade dos incendios mas non os motivos. Non creo nunha trama estrictamente política organizada mas nun conxunto de circunstancias coincidentes en actitudes de vinganza: xente que quedou sen emprego (e non só ex-brigadistas), intereses inmobiliarios paralisados coas novas leis, narcotraficantes que xa non teñen unha vía tan doada para branquexar os cartos, mafias madeireiras e papeleiras (con probábel traslado de Ence de por medio), etc...

    Isto tampouco nos debe servir para pedirlle aos governos autonómico e central que asuman as súas responsabilidades, que actúen con máis celeridade na próxima volta e que atallen dunha vez o problema do abandono do rural, o control urbanístico e medidas preventivas probadas como eficaces, p.ex. o monte en mancomún.

    mendinho — 25-08-2006 04:14:35

  2. Onde di "tampouco" debe dicir "tamén"

    mendinho — 25-08-2006 04:16:06


Comentar



Recordar datos