Koldo
Rebelión
Ignoro se de acelerarse o mentado modernismo que padecemos imos ter dificultades para distinguir o virtual do real. Confésolles que, no meu caso, sen necesidade de agardar máis promisorios futuros, basta que me lea un par de xornais e atenda un telediario para que, sen terme tomado unha soa cervexa, xa teña problemas para separar o virtual do real. E temo que, tal vez, non son @ únic@.
Por se acaso, tal vez fora bo recapitular un pouco, aínda que só sexa para non estraviarnos demasiado.
Son virtuais as bombas que non estalaron nos avións ingleses, como son virtuais os terroristas e o plan.
Son reais as bombas que caen sobre Líbano, Palestina, Iraq ou Afganistán, como son reais as identidades de quen as tiran e o fin que perseguen.
Son virtuais as víctimas duns atentados virtuais.
Son reais os miles de mortos libaneses, palestinos, iraquíes e afganos, na súa maioría civís, como reais son os atentados que os matan.
É virtual o salvaxismo que se lles supón aos virtuais salvaxes capaces de atentar contra xente inocente neses dez virtuais avións.
É real o salvaxismo que se lles probou aos reais torturadores estadounidenses, capaces de violar e de matar a familias completas e reais e irse logo a comer polo porque a guerra que armaron prodúcelles estrés.
Eran virtuais as declaracións do presidente iraniano sobre a conveniencia de borrar do mapa a Israel.
É real a guerra desatada por Israel para borrar do mapa a Líbano e Palestina.
Eran virtuais as armas de destrucción masiva en mans dos iraquíes.
Son reais as bombas de fósforo branco ou de uranio empobrecido que arroxan israelíes e estadounidenses.
É virtual a resolución de Nacións Unidas que, dende hai ao redor de sesenta anos, ampara a existencia dun Estado palestino.
É real a existencia dunha Palestina ocupada e sen Estado.
É virtual a existencia dunha Convención de Xenebra.
Son reais os asasinatos de centenares de libaneses baixo impunes bombardeos, os asasinatos de refuxiados que fuxen, de xornalistas, de observadores de Nacións Unidas, os ataques israelíes a vehículos da Cruz Vermella, a hospitais, a infraestructuras.
É virtual a existencia da Organización de Nacións Unidas.
É real a invasión do Líbano por Israel e a ocupación de Palestina.
É virtual a case unánime condena das Nacións Unidas ao xenocidio que comete Israel.
É real o dereito a veto no Consello de Seguridade.
É virtual a proclamación universal dos dereitos humanos.
É real Guantánamo
É virtual o Tribunal Internacional ou o Tribunal da Haia.
É real o primeiro ministro israelí Ehud Olmert, como é real o muro.
É virtual o desenrolo, sostenido e sustentable, sempre en vías de maior desenrolo.
É real a fame, o desemprego, o analfabetismo, a miseria.
Texto en castellano
Birnarem — 25-08-2006 01:18:20