Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

1º Concurso Universitario de Software Libre

Archivado en Novas Quentiñas • Fecha: 31-07-2006 12:43

Hoxe día as empresas comezan a demandar cada vez máis profesionais expertos en Software Libre (SL). Ademais, a administración está adoptando solucións baseadas en SL con éxito, como é o caso de Andalucía e Estremadura.

O SL pode ser un complemento perfecto na formación dos estudantes universitarios, posto que dá acceso a unha tecnoloxía punteira que pode resultar inalcanzable debido ás restriccións que impoñen a solucións propietarias. Ademais, o SL pode ser útil para gañar experiencia no proceso de desenvolvemento de software, algo que en moitos casos só se alcanza durante a vida laboral.

O principal obxectivo deste concurso é estimular aos estudantes universitarios para que se involucren na participación e creación de proxectos SL. Desta forma crearanse as condicións idóneas para xerar un tecido tecnolóxico de futuros profesionais que serán capaces de dar soporte de solucións baseadas en SL a empresas e á administración.

A fase final desta edición terá lugar en Sevilla, a mediados de 2007. O ciclo de conferencias e os talleres terán lugar na Escola Técnica Superior de Ingeniería Informática situada no campus de Raíña Mercés.

Concurso Universitario de Software Libre


Bases do 1º Concurso Universitario de Software Libre

Publicado por Birnarem
250 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos




LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009