615.000 millóns de quilómetros cadrados perdeu o Amazonas para criar gando. Esta rexión do planeta, que cumpre unha función fundamental para o clima, pode ser agora un emisor de dióxido de carbono debido á queima da selva para cultivar soia ou criar gando que destruíu máis de 615.000 millóns de quilómetros cadrados só en Brasil, segundo os científicos.
"Hai unha gran pregunta sobre se o Amazonas como un todo é unha fonte de carbono atmosférico ou un lugar onde se almacena", explicou Diane Wickland, directora do programa de ecología terrestre da Nasa.
Os sete millóns de quilómetros cadrados de bosque ao redor do Río Amazonas e os seus tributarios, unha extensión maior que Europa, funcionan como un riñón inmenso para o planeta.
Depuran o aire ao retirar dióxido de carbono, que é un dos gases principais que produce o efecto invernadero e o quecemento global, e expulsar osíxeno. Ese carbono capturado pola fotosíntesis almacénase nos troncos, as follas e o chan, pero o movemento incesante da fronteira agrícola en busca de máis terreo cultivable está liberando eses gases do seu cárcere.
Fonte: 615.000 millones de kilómetros cuadrados perdió el Amazonas para criar ganado
Anima Naturalis
Aquí consumimos carne directamente importada de Brasil, sobre todo a través de as grandes cadeas de comida rápida, pero tamén consumimos carne de aquí que é alimentada con pensos fabricados principalmente con soia que procede tamén en gran parte de Brasil. Cada vez resulta menos xustificable o consumo de carne, por saúde, por ética e por ecoloxía. Cando menos resultaría moi beneficioso para o planeta un grande descenso do seu consumo, ¿para qué comer carne ou pescado tódolos días cando sería moito máis razoable facelo unha vez á semana?