Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

A verdade da soia

Archivado en Información (Kit do cidadán crítico) • Fecha: 18-07-2006 12:44

Gustavo Duch Guillot

Como moitos estudantes, eu, no seu momento, tamén fun encuestador: digna profesión que pagou moitas carreiras universitarias e algunha que outra festa. Por un día retomei a miña vella tarefa e saín a preguntar polas rúas, que sabe a poboación española de algo tan novedoso e popular como é a soia. Sen ningún rigor científico, pero así, máis ou menos, pódolles dicir que a soia para a xente de Vitoria, Barcelona ou Majadahonda son catro cousas. Para moita é un compoñente máis do leite que bebemos e canta máis soia leva, máis nutritiva é. Para outro grupo de cidadáns é un alga oriental que se puxo de moda co auxe da comida xaponesa e tailandesa. Tamén son bastantes os que a definen como un cereal que se utiliza para a produción de iogur biolóxico ou ecolóxico. E para rematar un colectivo significativo de persoas explicábame que é un medicamento naturista ou ben homeopático para tratar desamaños hormonais da muller.

Todas estas respostas teñen dúas cousas en común. A primeira, que ningunha é correcta e a segunda que -froito da publicidade- todas as respostas transmiten aspectos positivos e desexables como ecoloxía, saúde, boa nutrición, etcétera. Pero todo isto é unha gran mentira, porque a soia é fundamentalmente fame, deforestación, pobreza e violencia.

A soia é unha oleaxinosa que Europa, na década dos 90, por acordos políticos con EEUU, deixou de cultivar e que se converteu no ingrediente estrela dos pensos que alimentan á nosa gandería: porcos, vacas, polos, todos engordan a base de soia. E nunha proporción mínima utilízase para cousas parecidas ao apuntado pola cidadanía. A soia é por encima de todo un forraxe de prezo moi competitivo. España é case 100% dependente da soia que importa de Arxentina, Brasil e Estados Unidos. Somos un país soia-dependente, é dicir, se pechan os portos á entrada de soia, en dous días o noso gando quédase cos comedeiros baleiros e nós convertémonos forzosamente en vexetarianos.

Saiban que toda ou practicamente toda é soia transxénica, sendo este factor unha das razóns principais do seu baixo prezo, pois a súa produción está totalmente automatizada e non necesita campesiños. Seméntase cuns tractores-robot que inxectan a semente, engaden o herbicida e danlle unha palmadiña nas costas para que creza alegre e frondosa. O herbicida que require (da mesma empresa que as sementes) rocíase con avionetas -que teñen dificultades para diferenciar cando pasan por un campo de soia ou sobre algunhas vivendas ou persoas paseando- e mata a todo o que non sexa soia: malezas, insectos de todo tipo, persoas, fauna, contamina ríos e acuíferos, etcétera. Toda esta tecnoloxía só é viable para as grandes agroindustrias que desprazaron a millóns de campesiños (compraron baratas as súas terras, extorsionáronos co beneplácito das autoridades locais subornadas ou simplemente expulsáronos e destruíron as súas colleitas familiares).

Tanto resplandece a soia e tanta ambición xera que se están tallando bosques primarios, selva amazónica e outros enclaves dun valor biolóxico insubstituíble para o noso planeta. A planta da soia é inocente. Arxentina, Brasil, Bolivia e Paraguai sofren un modelo capitalista neoliberal que lles conduciu a ser simples productores dunha materia prima para os países que nos alimentamos en proporcións demasiado altas de alimentos de orixe animal. Os campesiños que agora malviven nas vilas miseria latinoamericanas ou saíron á emigración, os que morreron rociados de venenos agrotóxicos ou asasinados pola súa loita son as vítimas. Nós, os consumidores, atopamos a carne a prezos moi accesibles. Descoñecedores da realidade, somos en parte corresponsables e en parte vítimas: a agroindustria intensiva que funciona a base de soia garántenos a nosa alimentación pero deixou ao medio rural español sen campesiños, con augas e chans contaminados, ríos mortos, etcétera. Os nosos impostos dedícanse a corrixir estes problemas medioambientais e a paliar o custo sanitario que supón o aumento de enfermidades relacionadas cunha mala dieta: sobrepeso, obesidade, enfermidades cardiovasculares, etcétera. E só gañan os donos do capital que, como sabemos, non teñen alma pero si estómago: aliméntanse de persoas. Caníbales con enormes fortunas.

Gustavo Duch Guillot (Director de Veterinarios sen Fronteiras)

Fonte: La verdad de la soja

Ecoportal

Publicado por Birnarem
173 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos