XXII Intercéltico do Morrazo 2006
Archivado en
Novas Quentiñas •
Fecha: 14-07-2006 12:46
Os días 28, 29 e 30 de xullo celebrarase o Intercéltico do Morrazo. E faino crecendo na dirección que moitos esperábamos, con tres días de concertos, exposicións, cursos de música, actividades alternativas, ... É dicir un auténtico festival e non un par de concertos moi atractivos como quedara sendo nas últimas edicións.
O cartel aposta desta vez polos grupos do país e Brigada Víctor Jara. Serán Fiandola, Brigada Víctor Jara, Leilía, Treixadura e Orfeón Treixadura, Camaxe, Macfeck e Berrogüetto. ¿Planificada xa unha escapada?
Concertos
Venres 28
- Fiandola: un grupo que gusta de recuperar e difundir vellas cancións populares.
- Brigada Víctor Jara: música na que as melodías de raíz portuguesa presentaranse baixo as notas tanto de instrumentos tradicionais coma modernos.
Sábado 29
- Treixadura e Orfeón Treixadura: magnífico e laureado grupo de música tradicional con cancións tradicionais e de composición propia cuns arranxos e posta en escea que denota a grande calidade dos seus membros. Para colaborar no seu terceiro traballo necesitaban un grupo de voces que conformou o Orfeón Treixadura, que dada a súa calidade e gañas de actuar formáronse como grupo independente, neste caso acompañarán ao grupo que os viu nacer.
- Camaxe: formación que recolle a música de raíz galega para envolvela coas máis variadas influencias.
- Os Cempés: o xa mítico grupo ferrolán, no que destacan as composicións de Oscar Fernández (acordeón e zanfona) e que avanza cara adiante coa introducción de guitarra eléctrica e batería na formación.
Domingo 30
- Macfeck: grupo de música irlandesa, pero afincado en Galiza, que interpretan dende temas irlandeses e escoceses ata música de influencias máis orientais como a música klezmer e outras. Destacan o violín e a voz da cantante.
- Berrogüetto: desexosos estabamos de escoitar o novo traballo deste laureado grupo galego. Aquí está 10.0
Pero o venres e o sábado, a festa non remata cos directos. A organización preparou o que se vén chamar Serán e no cal animarase ós asistentes ó Festival a seren eles protagonistas do mesmo e ofreceren actuacións improvisadas ó ritmo das voces e os instrumentos dos
presentes. Unha troula que continuará ata cando o decida o xente.
A principal novidade deste ano é a zona de acampada de balde, coa que se pretende anima-los asistentes a permanecer na localidade durante os días que dure o Festival. Esta zona estará situada no campo de fútbol da Xunqueira, preto do lugar onde se celebrarán os concertos
e evitará longos e pesados desprazamentos.
Actividades alternativas
A música non será a única manifestación cultural presente no Festival. Ademais dos concertos, a edición deste ano conta con toda unha serie de actividades, que enriquecerán o contido do Intercéltico e que recuperarán o espírito que tivo este acontecemento nos seus primeiros anos de existencia.
O luns día 24 poranse en marcha dúas exposicións fotográficas. A primeira delas, no ‘Var con V’ fai un percorrido pola historia de Moaña e do Intercéltico, mentres que a segunda céntrase na música tradicional, e máis en concreto nos cuartetos, a través dun conxunto de imaxes repartidas polos locais da vila.
Para o mércores está programado o inicio de obradoiros de percusión, gaita, baile galego e baile bretón, pensados para achega-lo coñecemento destas disciplinas ó público. Estes obradoiros estarán dirixidos respectivamente por Alberto Costas, Diego Mariño, Sergio Cobos e Jesús Cancelas, figuras respetadas nos seus campos de actividade.
O teatro de títeres chegará o xoves da man de Tanxarina cunha obra concebida para deleitar a un público infantil, pero que de seguro despertará o interese de grandes e maiores. O venres e o domingo será o turno dos contacontos Codia e Miolo que, antes do comezo dos concertos, entreterán ós visitantes con representacións inspiradas no Intercéltico. Tampouco podía falta-lo baile galego nunha festa coma ésta, espectáculo que correrá a cargo de varios grupos do Morrazo. E para rematar, os pasacalles de Chaneiros e Tromentelo animáran as mañás do sábado e do domingo cos seus desfiles de música e bo ambente.
Fonte:
Berrogüetto e Brigada Víctor Jara, principais atractivos do XXII Festival Intercéltico do Morrazo
Publicado por
Birnarem
258 lecturas •
0
Comentarios •
0
Referencias
Comentarios
Comentar