Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Novo Foro de gramática galega na CiberIrmandade da Fala

Archivado en Novas Quentiñas • Fecha: 11-07-2006 08:43

A CiberIrmandade da Fala informa do comezo dunha iniciativa encamiñada a mellorar o coñecemento da lingua galega: un foro de Gramática Galega. Este foro basease polo de agora na normativa RAG, mais está aberto a outras normativas en canto haxa alguén disposto a conducilo.

A diferencia doutros foros, neste de gramática galega os usuarios rexistrados non poderán abrir fios novos, inda que si poderán publicar respostas nos fios abertos. E queremos que sexa así por mor de que pretendemos que este foro sexa o mais semellante a un curso de gramática, onde os seus responsabeis irán corrixindo erros e aclarando dúbidas sobre os fios que, na medida das suas posibilidades vaian abrindo.

Lembra que para laretar abertamente sobre cuestións sobre o idioma galego temos o foro de lingua.

Os cinco fios cos que encetamos este foro son:

  • Pronome. Formas normativas, colocación, usos.
  • Verbos. Usos dos tempos: infinitivo conxugado, futuro de subxuntivo, Pluscuamperfecto de indicativo-Imperfecto de Subxuntivo, e máis perífrases.
  • Castelanismos, hiperenxebrismos, vulgarismos.
  • Fraseoloxía.
  • Adverbios e locucións adverbiais.
Pasa polo foro e deixa a tua pegada dende esta ligazon.


Fonte: Novo Foro de gramática galega

CiberIrmandade da Fala

Publicado por Birnarem
219 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos