Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Rebeldemule: Comunidade Alternativa

Archivado en Información (Kit do cidadán crítico) • Fecha: 10-07-2006 10:55

O dicionario da Lingua Española dinos na súa segunda definición que a cultura é un “conxunto de coñecementos que permite a alguén desenvolver o seu xuízo crítico”, algo que se semella imposible cando vemos que a carteleira do cine ofrécenos por enésima vez unha película de americanos bos, unha comedia baleira de contido (románticas chámanas) ou o último e innecesario refrito do pasado.

A industria musical pola súa banda, bombardea cos seus éxitos prefabricados para estrelas rutilantes de televisión, volven recompilar ao último artista vido a menos e preparan as súas efémeras cancións estridentes e simplonas para o verán.

E que dicir dos documentais, que algún iluminado director non fai senón unha pobre revisión, politicamente correcta, dunha historia que non interesa que se coñeza tal e como sucedeu realmente; ou simplemente, un xenio da distribución que decide, non xa non estrealo en salas, senón soamente editalo en tal ou cal país “sen mercado”.

Rebeldemule vén suplir esta carencia de opcións, esa procura constante de quen non se conforma coas directrices do mercado, do politicamente correcto, do que é tachado de propaganda (cando non de intoxicación) por parte dos que non queren que nada cambie excepto os seus beneficios, que sempre poden subir un pouco máis.

A idea de Rebeldemule nace da inquietude pola temática política e social; por eses temas tan próximos a nós pero tan pouco divulgados. Queremos ser un altofalante, un escaparate comprometido coa divulgación de todo tipo de material alternativo, sen peros, sen xuízos de valor, sen límites. Cine, documentais, cómics, textos, audio-libros, música, gravacións de radio... calquera cousa que estimule o noso xuízo crítico.

O noso fin non é outro que a divulgación da cultura, pois entendemos que esta debe ser libre, barata e estar sempre dispoñible. Internet amósase como a ferramenta definitiva para este fin. Rebeldemule somos tod@s. Calquera acode que o desexe pode poñer o seu gran de area e colaborar connosco. A páxina web dispón dun foro organizado en diferentes categorías, onde pódense publicar as diferentes producións.

Temos que rescatar todo ese material polvorento das hemerotecas. Podemos dixitalizalo e publicalo, para que todos e todas poidamos acceder a el e evitar que se perda no esquecemento, ou peor, que desapareza nun futuro. Entre o material xa publicado, unha gran parte pódese descargar a través das redes P2P (como Emule), pero tamén hai material en descarga directa. Ademais, estamos atentos a calquera nova tecnoloxía que nos permita compartir material interesante.

Soamente animarvos a que vos deades unha volta por Rebeldemule, e se tedes algo que do que os demais póidamos interesar, non dubidedes en publicalo no foro.

A dirección é http://www.nodo50.org/rebeldemule e a dirección de correo: rebeldemule@nodo50.org

Por unha cultura libre e gratuíta, ¡copia e difunde!

Publicado por Birnarem
170 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos