Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Nos Balcáns é duro ser homosexual

Archivado en Información (Kit do cidadán crítico) • Fecha: 10-07-2006 10:43

Ricardo Angoso

A homosexualidade, tradicionalmente perseguida en Albania, Bosnia-Herzegovina, Macedonia, Romanía, Serbia e Montenegro, segue tendo un duro día a día.

As marchas de homosexuais necesitan custodia. As agresións, descalificacións e insultos á comunidade homosexual son moeda común sen castigar nos Balcáns, pois a cuestión homosexual foi sempre un tabú, estigmatizándose aos escasos gais e lesbianas que ousaban desafiar ao discurso imperante, moi condicionado por unha Igrexa Ortodoxa ríxida e homófoba.

Albania e Macedonia: aburrimento e machismo

En Albania, con maioría de musulmáns, a única asociación gai existente foi prohibida e non se coñecen bares gais ou locais onde esta poboación poida reunirse libremente. Durante a era comunista, os gais e as lesbianas eran considerados traidores, arrestados e illados do resto da sociedade. Agora, pese a que existe unha certa tolerancia, esta tendencia non se pode exteriorizar socialmente. Ser gai en Albania considérase unha vergonza pola maior parte dos albaneses.

En Macedonia, patria do gai máis coñecido da historia da humanidade -o emperador e conquistador Alexandro Magno-, a maior parte dos gais añora as noites de Belgrado, polo seu dinamismo e á existencia dalgúns locais e bares de ambiente.

Bosnia: rural e incomprensiva

En Bosnia-Herzegovina, país onde conviven católicos, musulmáns e ortodoxos, a homosexualidade era ata hai pouco perseguida legalmente e tampouco se detectaba unha gran vida gai, debido sobre todo a que os bosníacos viven en pequenos pobos e aldeas onde o control social da poboación é total. “O peor nos Balcáns é ser homosexual”, di Kenan Dizdar, un dos personaxes da película sobre a guerra de Bosnia Go West, e que suscitou un forte debate sobre este tema tabú. O odio aos homosexuais persistirá, segundo este actor, aínda que serbios, musulmáns e croatas deixen de pelexar, di. E engade: “Baixarán as súas armas, pero seguirán odiando aos homosexuais”.

O filme Go West trouxo polémica desde moito antes de rodarse. A cinta conta como dous homosexuais -un musulmán e un serbio- foxen do asedio de Saraxevo ao comezo da guerra civil, tratando de manter vivo o seu amor. Grupos conservadores e relixiosos acusaron ao director Ahmed Imamovic e ao guionista Enver Puska de sacar proveito do sufrimento dos musulmáns durante a guerra para sacar unha película para un público occidental. “Identificades a traxedia bosníaca e aos 250.000 mortos coa Historia de dous homosexuais”, criticou o publicista musulmán Fatmir Alispahic o ano pasado cando a película aínda estaba nas salas de cine. Unha cinta que só puido ser presentada fóra de concurso no último festival de cine de Saraxevo, onde arreciaron críticas e ataques contra o director e o seu elenco de actores.

Romanía: criminalización e ultras

Tralas protestas revolucionarias contra o tirano Ceausescu, que provocaron a caída do réxime comunista, as cousas non cambiaron para os gais e decenas deles foron detidos, xulgados e condenados a penas moi longas e en peores condicións que os presos comúns. Segundo algúns activistas de Dereitos Humanos, a tortura era unha práctica corrente. Aínda por riba, a finais dos noventa, Romanía endureceu o seu Código Penal con penas aínda máis duras para os gais. Unha reforma duramente criticada polo Parlamento europeo, que condenou “calquera intento de criminalización das relacións sexuais entre persoas adultas do mesmo sexo”. Ao final, e tras un rosario de detencións e intimidacións, derrogouse a lei discriminatoria, malia as protestas das autoridades relixiosas romanas, que consideran aos homosexuais como “fillos do pecado”. Hoxe en día, xa existen algúns locais e grupos gais, pero o principal partido extremista de Romanía, România Mare, “acusa” sistematicamente a determinados políticos de prácticas homosexuais para desprestixialos.

Serbia: ¿os homosexuais son uns enfermos?

De asfixiante, insultante e ultraxante é como podemos definir a situación que padecen os gais serbios. A maioría dos medios de comunicación é homófoba, os políticos desoen as demandas dos gais e a sociedade considéralles doentes. O 54,3% dos 1.500 cidadáns encuestados polo Instituto Factor Agency afirma que os homosexuais terían que “recibir tratamento médico”. Segundo a sondaxe, o 14,5% dos serbios considera que a homosexualidade tería que estar prohibida, mentres que o 10% pide que os homosexuais sexan “illados” da sociedade. Aparte deste cadro tan adverso, as agresións a gais son moeda corrente na sociedade serbia. En 2004, nunha marcha do orgullo gai organizada en Belgrado, centos de persoas agrediron e feriron ante unha policía pasiva a decenas de homosexuais que, desafiando a intolerancia, quixeron expresar as súas demandas. Agora, o Movemento Patriótico Obraz ataca aos gais e as lesbianas diariamente, considerándoos non cidadáns por realizar prácticas que “ofenden á nación serbia”.

Ricardo Angoso

Fonte: En los Balcanes es duro ser homosexual

Café de Babel

Publicado por Birnarem
204 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos