Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Coruña poderá elixir aos grupos que queira para as festas

Archivado en Novas Quentiñas • Fecha: 05-07-2006 08:45

O Concello da Coruña creará o próximo verán unha páxina web para que os cidadáns poidan elixir os grupos e espectáculos que queren que estean presentes nas festas de agosto. Esta iniciativa pretende coñecer as preferencias de todos os veciños coruñeses.

O alcalde, Javier Losada, explicou que o obxectivo é coñecer as preferencias, sobre todo, dos máis novos. A intención do Concello é que as festas do 2007 se fagan conforme ao que pida a xuventude, en función dos grupos e das actividades que demanden a través desa páxina web.

Na sección "Elixe a túa música" da páxina web do Concello (aytolacoruna.es) xa se realizou algo parecido este ano. A través deste enlace os grupos de música locais puideron anotarse nunha listaxe na que optar a participar na serie de concertos que se organizarán polos distintos barrios da cidade. Javier Losada sinalou que se apuntaron un cento de formacións, a maioría da Coruña, pero tamén doutras comunidades.

A iniciativa se a cumplen será un avance importante, afondará na idea de cidadáns con participación activa nas decisións do que se fai cos nosos cartos. Ainda que o ideal sería extender esta iniciativa tamén a outro tipo de decisións de importancia que toma o concello (cousa á que seguramente estará menos disposto). Eu neste caso apostaría pola música folk (especialmente a música celta), que desapareceu da cidade como arte de maxia anos atrás logo dun par de anos de esplendor, co festival intercéltico do coliseum (celebrouse un par de anos) e concertos de nivel cada 2 o 3 meses (Phil Cunningham, Alasdair Fraisier, Capercaillie, The Chieftains, Chouteira, Berrogüetto, Fía na Roca, ...). Encantaríame ver en directo a artistas como Loreena Mckenitt, Nightnoise ou Blackmore's Night (a feira medieval sería ideal para ver a este grupo).

Publicado por Birnarem
151 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos