S.O.S. Costa da Morte
Archivado en
A Toda Costa •
Fecha: 03-07-2006 12:45
Ramon Bermejo Díaz de Rábago
A todos os que algunha vez visitáchedes Carnota, ós que amades esa
terra, ós que na próxima ponte, ou nunha fin de semana , ou este verán vaiades pola nosa costa... avisarvos dunha cousa, triste, máis certa: Facédelle as fotos que podades, filmade en video todo canto poidades, porque o que coñecedes ata o de agora vaise acabar.
Nestes días que estiven de taberneiro ocasional en Carnota puidenme enterar do futuro próximo que se aveciña neste anaco de costa virxe que nos ficaba na nosa terra. Promotoras e Inmobiliarias de Madrid están a mercar todo canto metro cadrado se poida construír no noso Concello, son coma cen cabalos de Atila, pagan moitísimo máis do que un paisano podería pensar nunca que ía valer un ferrado.
Exemplos:
Lariño: máis de 300 vivendas proxectadas, acaban de mercar todo o terreo que hai dende a estrada xeral ó faro (alí onde estivo a carpa de Nunca Máis).
Lira: perto de mil apartamentos.
Caldebarcos: están a mercar todas as leiras.
O Pindo: xa se está a construír, e mercando o pouco que fica.
Nin os paisanos están moito dacordo con vender, pero ameázanlle con que se non venden acabaranlle por expropiar (axente urbanizador).
Contábame un empregado do Rexistro da Propiedade de Muros que os que mercan as vivendas fano dende Madrid e por catálogo, nin sequera coñecen o lugar, chéganlle as escrituras dende Notarías de Madrid. Nalgúns casos as promotoras regalan un apartamento na nosa costa ó mercar un de luxo en Madrid...
Se cadra é o tempo de facer revivir NUNCA MÁIS, a fin é a mesma: a defensa da nosa costa, do noso mar, da nosa paisaxe, mais desta vez o ataque non ven polo mar en forma de chapapote, ven por terra en forma de formigón armado e ladrillo. Os responsables de atallar esto son os mesmos, os poderes públicos da Xunta de Galicia. Dos Alcaldiños e os Concellos mellor esquecerse.
Aí vos vai un lema que propoño: ¡¡¡ Moratoria de Construcción na Costa da Morte xa !!!
Ramon Bermejo Díaz de Rábago
Publicado por
Birnarem
222 lecturas •
2
Comentarios •
0
Referencias
Comentarios
-
¡Chegou o progreso!
Coido que o que teñen que facer é non vender e que alguén lles informe de que non van ser expropriados. Tamén deberían ir á Casa do Concello a se informar.
O que non vexo ben é que se lle bote a culpa "a Madrid", coma se non houbera xente de Santiago ou en Escairón que mercaron apartamentos en Alicante, en Cádiz ou en calquera outro lugar.
A Costa da Morte debería conservarse o menos urbanizada posible, coma o resto da costa galega e española en xeral. A loita é terriblemente ardua. E as posibilidades de perder, tremendas, pero hai que loitar. Eso si: deixando de demonizar a Madrid, que eso só cria odio e prexuizos.
Saúdos! Pinfloiz — 04-07-2006 13:03:14
-
O problema é que en Madrid existe un volume de capital moi grande, e que este desvirtúa o prezo dos terreos e propiedades noutro sitio coma Galiza. Coma din arriba ¿quen se resiste aos prezos que pode pagar unha persoa que pode adquirir en Madrid un piso de luxo polo que pagará non menos de 200 ou 300 euros?
A modo de exemplo existe un problema comparable no pirineo catalán, onde os palleses (gandeiros e traballadores da terra que existen alí dende sempre) vénse obrigados a abandoar, xa que o capital de Barcelona fixouse nesa zona coma futura zona turística e de veraneo, pagando polos terreos cantidades desorbitadas que nunca poderá pagar e gañar unha persoa que necesita deses terreos para pasto dos seus rebaños, ... Isto supón a perda dunha forma de vida tradicional e máis arraigada co entorno e tamén a degradación do entorno natural.
Hoxe en día a ocupación masiva a través de grandes inmobiliarias estase dando desde Madrid, ademáis é especialmente molesta porque alíase coa tradicional corrupción existente en moitas zonas de Galiza. Nin uns nin os outros teñen a máis mínima sensibilidade nin escrúpulos, co que o resultado son grandes urbanizacións en entornos naturais, non respetando o límite de edificabilidade de cada zona, demasiado preto do litoral, ...
O que hai que facer é protexer aos concellos con normas que impidan construír en zonas protexidas ou preto da costa, poñer un límite ás urbanizacións, vixiar a concesión de recalificacións ou permisos especiais, denunciar as construccións ilegais, ...
É certo que non se pode culpar exclusivamente aos de fora dos nosos problemas, e que quizáis sen a corrupción e caciquismo que existe aquí iso non sería posible, ainda que a corrupción e o caciquismo aliméntanse de cartos e cada vez chegan máis cartos de fora.
Confío en que vaiamos poñendo freo a todo isto. Birnarem — 07-07-2006 11:17:14
Comentar