O sábado 1 de xuño comeza o festival Manicómicos que durante 15 días inundará a cidade de accións festivas e culturais.
A primeira acción do festival será un gran pasarúas que sairá da Coraza do Orzán ás 17,30h e percorrerá o centro da Coruña ata chegar á Praza de María Pita, onde se desenvolverán diversas actuacións de rúa a partir das 19,00h.
O festival foi organizado pola Asociación Manicómicos en colaboración co Concello da Coruña, a Deputación e patrocinadores privados, para conseguir o festival máis ambicioso dos últimos anos.
Por primeira vez actuará na Coruña LEO BASSI, que presentará no Palacio da Ópera o 13 de xullo o seu polémico espectáculo "LA REVELACIÓN", co que colleitou un grande éxito en varios países europeos. Ademais de actuar, Leo Bassi impartirá un curso dirixido a actores cuxas prazas están esgotadas, salvo as de oíntes.
Ademais de Leo Bassi, actuarán no festival:
* PIERRE BYLAND (Suiza) mestre de actores, e que traballou con Samuel Becket e Marcel Marceau entre outras figuras. (5 de xullo-Fórum Metropolitano)
* FAMILIE FLÖZ (Alemania), especialistas na utilización de máscaras de gran tamaño, cun espectáculo impactante. (8 de xullo-Rosalía de Castro)
* MOFA E BEFA, SAN & SAN, BERROBAMBAN (Galicia) e moitos outros artistas que presentarán os seus traballos na Praza de María Pita e en bares da cidade.
Ademais celebraranse cursos con Leo Bassi, Pierre Byland, Almacabra e Andrea Curto.
O festival pretende converterse nun referente do teatro cómico no estado.
Todas as entradas para os espectáculos están á venda en Televenta (Tfno. 902 434443), taquilla de Caixa Galicia en internet e no kiosco da Praza de Orense.
Para inscricións nos cursos o teléfono é 981 235024 ou manicomicos@hotmail.com.
COMISIÓN DE MEDIOS DO FESTIVAL MANICÓMICOS
Tfnos: 619 760703 / 639 555732
Fax: 981 121408
manicomicos@hotmail.com
(Na web Festival Manicómicos atópase toda a información do festival, dossier, datas das actuacións, fotografías etc)