Máis de 50 detidos nunha acción pacífica contra o novo Centro de Internamento de Estranxeiros
Archivado en
Novas Quentiñas •
Fecha: 26-06-2006 17:37
Curiosamente os “medios de desinformación masivos” informaron da noticia, como non, con intención de criminalizar e causar rechazo do que é un movemento pacífico, solidario e xusto. A noticia que vin eu relatouse en Tele 5 e comezaba dicindo que un grupo de radiais (así, tal cual) ocuparan o novo Centro de Internamento de Estranxeiros. En ningún momento se informou da brutalidade da acción policial nin de que había incluso periodistas detidos neses momentos. En cambio sí se reforzou a idea de grupo radical dicindo que supostamente se fixeron destrozos no centro e nas equipas electrónicas de seguridade de que estaba dotado. Posteriormente se menciona que a policía investiga se teñen relación con grupos anarquistas e okupas (grupos que por estar xa suficientemente criminalizados dende sempre entenden que é o mesmo que dicir grupos violentos) que operan na cidade de Barcelona. A seguinte noticia fala de grupos de activistas italianos e franceses que supostamente teñen a súa base en Barcelona debido á belixerancia da policía italiana e o apoio que aquí reciben de colectivos okupas e outros. Estupendo, tod@s @s que non cremos no sistema somos radicais, violentos, mala xente, criminais, ... ¿onde hai que entregarse?
Onte pola mañá a II Caravana Europea pola Liberdade de Movemento (a I Caravana Europea desenvolveuse en Ceuta para denunciar a morte de máis de 40 persoas migrantes ao cruzar o valado) continuaba co seu programa de actividades que comezou o sábado pola tarde. Preto das 10.30h, máis de 100 persoas de diferentes países de Europa concentrábanse fronte ás portas do que será novo Centro de Internamento para Estranxeiros (CIE), actualmente en construción na Zona Franca. Entrouse pacificamente no recinto e despregáronse pancartas denunciando o uso que terá este centro.
O novo Centro de Internamento, que será o máis grande de España, substituirá ao actual (La Verneda) e ampliará a súa capacidade en número de prazas. O CIE de La Verneda foi reiteradamente denunciado tanto por institucións internacionais de defensa de dereitos humanos como polos movementos sociais máis diversos, o que provocou que a apertura do novo centro sexa presentada pola administración como unha “mellora” nas condicións de internamento dos migrantes.
Durante a acción, fixo acto de presenza a policía, e tras negociar unha saída pacífica do recinto, comezaron a agredir aos xornalistas, ameazar con cans aos participantes ata esnaquizando unha cámara de TVE. Os feitos concluíron con múltiples agresións e coa detención de todos os concentrados, incluíndo dous xornalistas, un de Europa Press e outro de TVE.
Os detidos foron enviados á comisaría de La Verneda onde a última hora da tarde de onte permanecían, mentres no exterior realizábase unha concentración de apoio que posteriormente trasladouse á manifestación. Os avogados presentarán un “Habeas Corpus” por detención ilegal. Denunciando a desmesurada e agresiva acción policial ante un acto totalmente pacífico e lexítimo en defensa de todos os dereitos para as persoas migrantes.
Mantívose a convocatoria da manifestación pacífica ás 6 da tarde na praza Universidade pola pechadura dos centros de internamento, a liberdade de movemento e a regularización sen condicións en Europa. Ao final da manifestación tamén foi convocada unha concentración ante o Centro de Internamiento de La Verneda en solidariedade cos detidos.
Tamén se mantivo o concerto no Centre Cívic Sant Martí, a celebrar a partir das 9 da noite.
Fonte:
Más de 50 detenidos en una acción pacífica contra el nuevo Centro de Internamiento de Extranjeros
Publicado por
Birnarem
171 lecturas •
0
Comentarios •
0
Referencias
Comentarios
Comentar