Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

499 persoas cobran 194 millóns de euros

Archivado en Novas Quentiñas • Fecha: 12-06-2006 12:56

Os membros dos consellos de administración das 35 principais empresas españolas percibiron no ano 2005 194,01 millóns de euros, máis de 32.000 millóns das antigas pesetas.

O Ibex-35 é un índice bursátil no que cotizan as 35 empresas máis importantes do Estado español. No índice, agás excepcións como ZARA, están representadas empresas dos sectores tradicionalmente máis poderosos da economía española. Do sector financieiro podemos citar o BSCH ( Banco Santander Central Hispano), o BBVA ( Banco Bilabao Vizcaya Argentaria) ou Banco Popular. Da construción Fomento de Construcciones y Contratas (FCC), Ferrovial ou Metrovacesa. No sector enerxético Gas Natural, Iberdrola ou Fenosa. Na comunicación Telefónica, Telecinco, Antena 3 TV ou Prisa.

Os consellos de administración das 35 empresas están formados por 499 persoas, nunha inmensa maioría homes. No exercicio pasado decidiron asignarse unhas retribucións pola súa pertenza aos órganos de dirección de 194 millóns de euros polo que lle correspondeu a cada un unha media de 388.803 euros ( case 65 millóns das antigas pesetas). Esta cantidade supuxo un aumento do 9,6 por cento con respecto ao ano 2004. O aumento máis que duplica o IPC do ano 2005, o 3,7%.

A empresa que máis diñeiro repartiu entre os seus consellerios foi o Santander que distribuiu 26,78 millóns de euros entre 18 membros do seu consello de administración. Seguiuna Telefónica que remumerou con 15,96 millóns de euros os seus 17 conselleiros.

Gamesa, fabricante de aeroxeradores triplicou a remuneración dos seus conselleiros, moi lonxe do aumento salarial que correpondeu aos traballadores.

Os dirixentes das grandes empresase os seus servizos de estudos, o mesmo cós responsábeis das institucións económicas oficiais ( Ministerio de Economía, Banco de España, Comisario Europeo de Economía, Banco Central Europeo) adoitan recomendar a moderación salarial como un ingrediente imprescindíbel da política económica.

Na mesma semana en que a Comisión Nacional do Mercado de Valores facía públicos estes datos o Instituto Nacional de Estatística ( INE) informaba que o custo por hora traballada medrara un 3,5% entre o primeiro trimestre do ano 2005 e o primeiro trimestre do ano 2006. Un aumento un chisco máis pequeno que o dos señores conselleiros das empresas.

Fonte: 499 persoas cobran 194 millóns de euros (Inforosal)

Inforosal

Publicado por Birnarem
181 lecturas • 0 Comentarios • 0 Referencias


Referencias (URL para referencias)


Comentarios


Comentar



Recordar datos